Actualidad y noticias

20/05/2021
Reunión da Comisión Permanente do Consello Galego da FP

▶️Sen apenas tempo para examinar a documentación remitida, participamos na Comisión Permanente do Consello Galego da FP onde se confirmou un empeoramento da oferta para o vindeiro curso transformando, en non poucos casos, a presenza de ciclos  en ofertas modulares.

 

▶️Con respecto ó decreto polo que se transforman tres IES en CIFP.

1.IES UNIVERSIDADE LABORAL (Culleredo). No presente curso xa non ofertaba bacharelato.

2.IES LEIXA (Ferrol). O alumnado de Bacharelato trasládase ó  IES CATABOIS.

3.IES FRAGAS DO EUME. O alumnado de ESO e Bacharelato trasládase ó IES BREAMO.

 

▶️Preocúpanos a situación do profesorado que poida quedar desprazado ó non entrar nas necesidades dos centros ós que quedará adscrito o alumnado. Comunicarase proximamente atendendo ó establecido no decreto 140/2006 que regula os criterios de perda de destino definitivo.

 

▶️Prevese unha nova convocatoria da Comisión para xuño. Informarase sobre a oferta da FP dual e cursos de especialización (máis coñecidos como Masters de FP) do vindeiro curso.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia