Actualidad y noticias

20/05/2021
MESA SECTORIAL DO 18 DE MAIO

Na Mesa Sectorial de Educación do 18 de maio tratáronse os Decretos de creación de dous centros de Innovación Educativa e a resolución das licenzas por formación.

 

Con respecto Decreto polo que se crea o Centro de Innovación Educativa e Dixital:

Dende o Sector de Ensino de  UGT Servizos Públicos manifestamos o noso desacordo coa elección da  Dirección mediante o procedemento de libre designación en detrimento dun concurso de méritos.

 

 

Consideramos ademais que as Xefaturas dos departamentos deberían ostentarse durante polo menos dous anos para dar continuidade ós proxectos.

 

Na discusión sobre o Borrador do Decreto polo que se crea o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional:

Salientamos que botamos en falta unha mención específica á Loita contra o Cambio climático. Debería figurar no preámbulo como unha aposta destacada da Consellería no ámbito da Formación Profesional.  Fálase do concepto como algo relacionado coas enerxías renovables. Pero non é só isto.

 

No que atinxe ás licenzas por formación:

Destacamos a eliminación da modalidade 6 “perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior” debido á situación sanitaria actual, pola presente modalidade 6 “proxectos individuais para a creación de materiais curriculares para os cursos de especialización das ensinanzas de FP”.

A diminución dos meses concedidos da antiga modalidade 6 (200) repártense nas actuais modalidades  1,2, 5 e 6.

 

Tamén se modificou a disposición adicional primeira incorporando a posibilidade para as persoas que tiñan concedida unha licenza por formación das modalidades 1 a 5 no curso pasado, de levala a cabo nesta resolución.  

 

Solicitamos que se incremente o número de meses de licenzas xa que observamos que a oferta é  a mesma do curso anterior para o profesorado. Tendo en conta que as licenzas concedidas do curso pasado non chegaron a desenvolverse, pensamos que se deberían ofertar máis meses, aínda que non sexan o dobre.

 

Atoparás toda a información máis detallada no noso Informá-t

👇👇👇


Documentos adxuntos a este artigo: Infórma-t da Mesa do 18-05-2021  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia