Actualidad y noticias

20/11/2014
Universidade

Aclaracións sobre a postura de FETE-UGT na negociación sobre o acordo relativo aos/ás contratados/as con cargo ao capítulo VI

FETE-UGT abstívose de votar a favor de ese acordo polas seguintes razóns:

- Cremos, e así o defendimos, que a situación óptima para ese colectivo –dadas as súas especificidades- é a creación dunha RPT de persoal investigador e que teñan un convenio e un órgano de representación propios.

- Como fixemos na USC, nós estivemos de acordo coa maioría dos puntos do acordo agás con que parte de ese persoal se integre no censo electoral de PDI laboral. Pensamos que ese punto non mellora as condicións laborais nin a representatividade dese colectivo; o único que podería mellorar son os resultados electorais dalgunhas centrais sindicais. A nosa negativa a admitir este punto fundaméntase nun informe da nosa asesoría xurídica que indica que non é competencia da UDC nin das centrais sindicais acordar materias de elecións sindicais: por iso non cometemos a irresponsabilidade de aprobar algo que poida ser impugnado no futuro.


- FETE-UGT defendeu sempre unha solución integral para todos os membros do colectivo. Non fomos á mesa de negociación coa idea de preocupármonos só dos doutores/as e desprezar totalmente a unha parte considerable do capítulo VI, deixándoa -literalmente- "nunha especie de limbo" (lugar que, como se sabe, xa desapareceu da xeografía ultramundana católica).


- É rotundamente falso que FETE-UGT nin calquera outro sindicato puxese impedimentos para ese acordo, a non ser que algúns entendan que os procesos negociadores son impedimentos.

- En calquera caso, ao mellor non é tan bo como o pintan un acordo que asinaron só a metade dos sindicatos presentes na mesa negociadora (por certo, os sindicatos con menor representatividade actualmente no comité de empresa de PDI).


Polas razóns anteriores, moi especialmente porque consideramos que existe discriminación manifesta dentro do colectivo e porque se vulnera lexislación superior, FETE-UGT resérvase levar a cabo accións legais en beneficio do conxunto dos/as traballadores/as con cargo ao capítulo VI.


Documentos adxuntos a este artigo: Postura FETE-UGT  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia