Actualidad y noticias

07/05/2021
Novidades sobre a vacinación comunicadas na reunión coa Directora Xeral de Saúde Pública
📢Tras a reunión coa Directora Xeral de Saúde Pública que vos anunciamos onte, trasladámosvos as seguintes novidades en relación co proceso de vacinación: 
▶️O luns rematará a vacinación da franxa de idade de 60 a 69 anos.
A partir dese momento reanúdase a vacinación cos colectivos esenciais menores de 60 anos que quedaron pendentes.
A vacina a administrar será a de Pfizer e Moderna.
▶️ Sanidade está valorando que a vacina de Janssen poida administrarse tamén a menores de 60 anos.
▶️A administración da segunda dose en persoas menores de 60 anos realizarase despois de 16 semanas. Aínda se está a valorar a vacina a utilizar. Os maiores de 60 anos recibirán a segunda dose ás 12 semanas e con AstraZeneca.
▶️Carmen Durán puntualiza que a vacina de AstraZeneca é segura, só se detectaron 3 casos de trombos na segunda dose, e que a primeira dose ten unha efectividade do 73%.
📌As novidades máis específicas no eido educativo inclúen:
▶️ Prevese que o persoal colaborador de comedores será vacinados nas próximas 3 semanas con Pfizer ou Moderna.
▶️ Vacinarase ao persoal en prácticas nos centros sociosanitarios: primeiro os da residencia e logo nos hospitais. Por último, vacinarase o alumnado en prácticas dos centros educativos.
▶️ A Consellería de Educación comunicará as datas das probas de oposición para que Sanidade o teña en conta e flexibilice horarios para os opositores.
▶️As incidencias cos mutualistas de Muface estanse resolvendo pero pídennos que trasmitamos se queda alguén sen vacinar.
▶️ Dentro de aproximadamente unha semana solicitarase un novo volcado de datos aos centros educativos
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia