Actualidad y noticias

04/05/2021
A UGT Servizos Públicos asina O preacordo do convenio de Ensino Concertado
  • O preacordo demostra que, como defendeu insistentemente UGT desde antes mesmo de empezar a negociación, había marxe suficiente como para evolucionar as condicións de traballo no ensino concertado.
  • Consta de 12 puntos básicos que moderniza, de forma estrutural, o articulado para definir o marco laboral do Ensino Concertado para os próximos tres anos.


  • Son os seguintes aspectos:

 

  • -Ámbito temporal e ultraactividade garantida.

 

  • -Máis dereitos sociais e unha regulación dos permisos retribuídos.

 

  • -Nova excedencia para vítimas de violencia de xénero e proposta de reserva pactada na excedencia voluntaria.

 

  • -Novos prazos nos cesamentos voluntarios para acceder a centros públicos.

 

  • -Rebaixa de xornada laboral do PAS.

 

  • -Nova regulación do contrato eventual para causas excepcionais.

 

  • -Aclaración dos conceptos de vacacións e períodos sen actividade.

 

  • -Creación de novos ámbitos de negociación para sexenios e novos complementos salariais no ámbito autonómico.

 

  • -Modificación dos puntos 7 e 17 do acordo de rexistro de xornada de data 6 de xuño de 2019.

 

  • -Creación dunha Comisión de Traballo para unha nova regulación da xornada de traballo ou clasificación profesional entre outros asuntos.

 

  • -Creación do espazo de negociación autonómica para regular a redución da xornada laboral dunha hora lectiva para o persoal docente maior de 58 anos.

 

  • -Actualización salarial e límite de 3 meses cada ano para asinar as novas táboas salariais.

 

  • Como debemos valorar estre preacordo? Que perspectivas temos de cara á firma do Convenio? 

 

  • Todos os detalles no noso Informa-t adxunto:

Documentos adxuntos a este artigo: Informa-t: Preacordo.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia