Actualidad y noticias

29/04/2021
PRIMEIRAS NOVAS DO SORTEO DE MEMBROS DE TRIBUNAIS
📢Vén de realizarse o sorteo de membros dos tribunais para as oposicións de ensino. Velaquí as primeiras novas:
📌As seguintes especialidades presentan algunha peculiaridade na composición:
📍590109 Navegación e Instalacións Mariña: Estará composto por titulados universitarios porque non existen aínda funcionarios de carreira coa especialidade.
📍590120 Procesos e productos en textil, confección e pel: Estará composto por profesorado doutras especialidades máis un asesor xubilado.
📍594413Gaita: Profesorado doutras especialidades.
📍594436 Danza clásica: Estará composto por especialistas funcionarios doutras comunidades autónomas.
📍594437 Danza contemporânea: Estará composto por especialistas funcionarios doutras comunidades autónomas
📍595510 Deseño de moda: profesores doutras especialidades
📍590015 Portugués: seleccionarase entre todo o profesorado que teña a especialidade ainda que non estea a impartila.
📍591214 Operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios: seleccionarase entre todo o profesorado que teña a especialidade ainda que non estean a impartila.
📍591225: Servizos á comunidade: Non haberá suplentes designados.
📍594405: Clave: O tribunal estará composto por un funcionario de carreira e o resto dos vogais serán especialistas de piano.
📍Probas previas de galego: Non haberá un tribunal específico. Realizaranas os tribunais da especialidade de galego.
📌Publicarase en breve a relación das persoas seleccionadas para cada tribunal na páxina web da Consellería. Seguiremos dando conta das novidades que se produzan.
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia