Actualidad y noticias

26/04/2021
Negociación IX Convenio de Ensino e Formación non Regrada: “poucos e insuficientes avances”

O pasado 16 de abril tivo lugar unha nova reunión da Comisión Negociadora do IX Convenio de Ensino e Formación non Regrada, co obxecto de continuar coa negociación do Convenio Colectivo. 

 

Ante o escaso avance que houbo nos últimos meses, o banco patronal realizou unha nova proposta que incorpora asuntos como a contratación, a clasificación profesional, os cesamentos e os permisos entre outros. 

 

Salientamos a nova proposta salarial na que se propón, só para o salario base, o seguinte escenario:

2020: conxelación 2021: 1% -1,5% 2022: 1,25% - 1,5% 

 

FeSP-UGT valora este tímido avance na proposta patronal, pero non podemos aceptar a proposta salarial, xa que segue moi afastada da proposta presentada no seu momento por UGT, e que segue estando encima da mesa.

 

No noso Informa-t atoparás de xeito pormenorizado a nova proposta da patronal e a nosa valoración do escaso progreso das negociacións. 👇👇👇 


Documentos adxuntos a este artigo: Informa-t sobre a negociación do IX Convenio.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia