Actualidad y noticias

27/04/2021
Xuntanza telemática coas Consellerías de Educación e de Sanidade: últimas novas sobre vacinación.

 

 

A nivel de poboación xeral trasladáronnos a seguinte información:

  

-A franxa de idade de entre 60-69 anos vacinarase con AstraZeneca mentres que a partir de 

70 anos vacinaranse con Pfizer, Janssen ou Moderna. 

 

-Os menores de 60 anos serán vacinados con Pfizer ou Moderna unha vez que rematen cos maiores de 70. 

 

-Arredor do 87% dos colectivos esenciais están vacinados. 

 

- Pfizer pediu autorización para vacinar a maiores de 12 anos, pero aínda non está aprobado. 

 

- Os maiores de 16 anos con tratamentos oncolóxicos ou algún grao de dependencia, estanse a vacinar actualmente. 

 

- O mes que ven recibiremos o doble de vacinas. 

 

Con respecto ás dúbidas que lle plantexamos como colectivo de docentes:

 

-Persoal docente que aínda non foi vacinado:  Manifestan que na Comisión Nacional de Saúde Pública decidiuse suspender  o colectivo esencial que estaba sendo vacinado con AstraZeneca para atender aos de 60 anos para diante. 

Polo tanto se o docente é menor de 60 terá que esperar para vacinarse na súa franxa de idade. Exceptúanse os docentes con tratamento oncolóxico  que independemente da súa idade entran no grupo de 70 a 79 anos.

Os demais deben comunicalo ó teléfono de incidencias. FeSP-UGT insiste no agravio comparativo que supón para o profesorado 

que está exercendo as súas funcións como o resto dos compañeir@s si vacinados.

 

 -Persoal docente que recibiu unha dose:  Os docentes que recibiron a primeira dose queren recibir  a segunda de AstraZeneca e non de outra. Segundo a EMA a segunda dose debería darse con AstraZeneca!

Sen embargo este asunto está a valoralo o  Ministerio, que aínda baralla outras opcións: vacinar con outra vacina, retrasar a segunda dose ou quedar só cunha dose. 

 

- Muface: as incidencias faranse por medio do buzón da dirección Xeral ou a través do teléfono 881542930.

A incorporación de datos de Muface é complicada pero estase traballando nesa liña. 

 

- Certificado dixital:  estase traballando para que inclúa os afiliados de Muface.

 

- Cribados: son detección precoz de saúde pública non é unha proba de diagnóstico. Polo tanto non é discriminatorio. 

 

- Os xubilados e outras incidencias teñen un correo e un teléfono para resolver a súa situación.  Os xubilados de Muface deberán comunicar as incidencias. 

 

- Os centros deben seguir actualizando datos. 

 

 

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia