Actualidad y noticias

20/04/2021
FeSP-UGT SÚMASE Ó MALESTAR DO PROFESORADO PENDENTE DE VACINACIÓN.

   

En primeiro lugar, o profesorado que non foi chamado ou se reincorpora tras un permiso por nacemento ou unha baixa médica, entre outros, merece a mesma protección que as súas compañeiras e compañeiros.

Pedimos: a igual traballo, igual protección!   O profesorado é colectivo prioritario!

 

En segundo lugar, na FeSP-UGT, temos constancia de que o certificado de vacinación  para o persoal mutualista de entidades privadas non aparece reflexado en ningunha base de datos accesible.

 

Ademais, FeSP-UGT pon de manifesto que, dende a Xunta de Galicia, se anunciou un cribado Covid-19 ó alumnado da ESO comprendido entre os 12 e os 17 anos con mostra de saliva. Sen embargo, temos  confirmación de que os fillos e fillas dos  mutualistas con entidades  privadas  (Adeslas, DKV…) non poden participar nese cribado.

 

Ante estas dúas situacións, FeSP-UGT remitiu no día de onte un escrito ó Servizo de Muface solicitando que se realicen as xestións necesarias para solucionar estas decisións discriminatorias que a Xunta de Galicia está a levar a cabo dende o inicio co profesorado mutualista. Pedimos, ademais, que se posibilite a participación do alumnado mutualista no dito cribado. Igualmente lles demandamos que, como organismo, soliciten da Xunta de Galicia  o procedemento para obter os certificados de vacinación do colectivo MUTUALISTA excluído.

 

Cal é a resposta que nos ofrecen? Atopa todos os detalles no Informa-t aquí adxunto.


Documentos adxuntos a este artigo: Informa-t: Malestar do profesorado pendente de vacinación.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia