Actualidad y noticias

16/04/2021
OS OUTROS TEMAS DA MESA SECTORIAL: DECRETO E CONVOCATORIA DE DIRECCIÓNS. VARIOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada o 13 e 14 de abril, tratouse o  ANTEPROXECTO DE DECRETO polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Debemos manifestar en primeiro lugar que este Decreto xa tiña tempo de ser presentado ós sindicatos nas anteriores mesas sectoriais tendo en conta que as adaptacións que se fixeron pola aprobación da LOMLOE son mínimas.

Para FeSP-UGT este tampouco sería o decreto ideal xa que defendemos que sexan os centros cos seus órganos (Claustro e Consello Escolar) os que decidan quen debe ser o seu director ou directora. Non obstante, a lei ven a corrixir a falla de peso específico que tiñan estes dous órganos na elección da súa dirección. Os representantes do Claustro e do Consello Escolar suman 2/3 do total de representantes. Cremos que é unha medida que favorece a democratización dos centros e a asunción dun compromiso compartido pola comunidade educativa.  A pesares do avance que supón, pensamos que se pode afondar aínda máis no decreto e tamén na orde que o desenrola.

 

Con respecto ó punto de varios, trasladamos as preguntas que nos fixéstedes chegar sobre tribunais de oposicións, vacinación, licenzas por asuntos propios e redución de xornada ou a certificación do curso de desenvolvemento da función directora entre outros.

 

Accede á información pormenorizada nos arquivos adxuntos:


Documentos adxuntos a este artigo: 1. Informa-t: Direccións.   2.Informa-t: As túas preguntas na Mesa.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia