Actualidad y noticias

16/04/2021
O calendario escolar a debate na Mesa de Ensino.

Na sesión da Mesa Sectorial de Educación celebrada o 14 de abril, tratouse o  Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

Denunciamos a tendencia a homoxeneizar o calendario en primaria e secundaria sen atender ás diferentes circunstancias de cada etapa.

Non se poden considerar iguais os cursos que, mediante esta orde, se pretenden homoxeneizar. Os intereses, as dificultades, as necesidades e as motivacións non son as mesmas en todos os alumnos de Secundaria e Bacharelato. 

Ademáis o alumnado contaría con moi pouco tempo para poder preparar as materias suspensas, máxime en cursos onde a motivación e finalidade do mesmo non é tan específica como podería resultar un 2º de BAC

 

 

Por outra banda estamos en desacordo co traslado da avaliación extraordinaria ó mes de xuño na  ESO, 1º BAC e 1º de FPB.

Queremos saber que criterios pedagóxicos se tiveron en conta. Pensamos que en menos de 12 días lectivos (os que transcurren dende a ordinaria e a extraordinaria) os alumnos dificilmente poderán acadar os estándares e o nivel competencial que non perfeccionaron durante un curso escolar.

Non vemos que sexa unha medida para que promocione o alumnado senón máis ben o contrario, que vai implicar repeticións pola premura da toma de decisións.

 

No arquivo adxunto podedes acceder á información detallada das nosas intervencións e da resposta da adminstración:

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: Informa-t: Calendario Escolar  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia