Actualidad y noticias

16/03/2021
Seguimento da vacinación do profesorado:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na reunión da Comisión de seguimento do proceso de vacinación dos traballadores dos centros de ensino, mantida con responsables da Consellería de Educación e coa Directora Xeral de Saúde Pública, explicáronse de primeira man os aspectos más salientables sobre os cambios que se terán que efectuar no proceso de vacinación.

 

 

En concreto, suspéndese a vacinación de AstraZeneca 14 días por principio de precaución. Farase unha revalorización pasados eses días para continuar con seguridade o plan de vacinación.  Afirman que isto non suporá un prexuízo para as persoas que xa recibiran a primeira dose. Explican que, aínda cando fose necesario retrasar a segunda dose, o intervalo pódese dilatar sen que supoña a perda de eficacia.

 

Malia a esta suspensión, a Directora Xeral transmite unha mensaxe de tranquilidade xa que só se detectaron 11 casos de afectados por trombose en toda Europa. En España, con arredor dun millón de vacinados recolleuse un só caso, en Galicia non se presentou ningún. Estes 14 días utilizaranse para reorganizar o proceso de vacinación e analizar a situación actual.

 

Neste senso, concretouse que se van seguir realizando cribados nos centros de ensino que amosen altas incidencias. Tamén se detallou o proceso de vacinación para menores de 55 anos que padeceron a COVID antes de ser vacinados. Nestes casos só recibirán unha dose pasados 6 meses da alta médica. Os menores de 55 que contraian a COVID despois de recibir a primeira dose, si recibirán a segunda deixando transcorrer o mesmo prazo de 6 meses.

 

 

Por último gustaríanos salientar que A Dirección Xeral de Saúde Pública enviará un correo con información relevante á Secretaría Xeral de Educación que despois remitirá aos centros educativos. Dende a FeSP-UGT valoramos positivamente o esforzo que se está a facer por transmitir a información máis relevante e por establecer canles de coordinación. Esperamos que estes esforzos contribúan  a que o resto do proceso de vacinación se desenvolva de maneira máis organizada e efectiva.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia