Actualidad y noticias

16/03/2021
Adiada a Mesa Sectorial de Ensino: Atención á diversidade e moito máis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na Mesa Sectorial convocada para o 16 de marzo abordáronse os seguintes puntos:

 

Proxecto de orde pola que se desenvolven determinados aspectos de ordenación académica nas modalidades deportivas de ensinanzas de réxime especial implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Proxectos de decreto polos que se establecen os seguintes currículums:

  -ciclo formativo de grao medio de procesamento e transformación de madeira.

  -ciclo formativo de grao medio de calzado e complementos de moda.

  -ciclo formativo de grao superior de química e saúde ambiental

  -ciclo formativo de grao superior de termalismo e benestar.

 

O comezo da Reunión de Seguimento do Plan de vacinación de ensino fixo que se adiara a reunión ata o luns 22 (que se podería estender ata o martes), cando se pasará a tratar o Proxecto de orde, pola que se desenvolve o  Decreto 229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a Atención á Diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio de educación.

 

A importancia do tema para o progreso e benestar do alumnado así como as consecuencias que se derivan para persoal docente e non docente e a vida dos centros de ensino en xeral fixo que xa recibíramos moitas suxestións e preguntas ó respecto. Podes consultar o Proxecto no arquivo adxunto. Seguiremos recollendo aportacións ata o luns para trasladarllas ós responsables da Consellería.

 

 

Logo da reunión darémosvos cumprida conta de todo o tratado en cada un dos puntos co noso detallado “Infórmate”.


Documentos adxuntos a este artigo: Borrador da Orde de Atención á Diversidade.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia