Actualidad y noticias

24/02/2021
ÚLTIMAS CONCRECIÓNS SOBRE A VACINACIÓN DO PROFESORADO.
📢NOVIDADES SOBRE A VACINACIÓN:
Na segunda parte da reunión co Director Xeral relativa á vacinación do profesorado, que vimos de manter, tratáronse, entre outros, os seguintes temas:
📍Especificación dos grupos prioritarios de vacinación dentro do colectivo docente e criterios aplicables.
📍Revisión periódica das bases de datos para incluir a persoal que curse alta de IT ou persoal substituto comece a exercer unha vez pasado este primeiro chamamento.
📍Valoración da inclusión do persoal laboral que realiza as súas funcións nos centros educativos pero que non depende da Consellería de Educación.
A Consellería concretará os detalles mañá nun comunicado máis exhaustivo que, coma sempre, vos faremos chegar a través das nosas redes.
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia