Actualidad y noticias

15/02/2021
PARA UNHAS OPOSICIÓNS MÁIS SEGURAS: MESA SECTORIAL XA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FeSP-UGT, xunto coas outras OOSS con representación na Mesa Sectorial, vimos de enviar unha  petición ó Presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria para solicitar que se convoque unha reunión acerca da celebración das oposicións.

 

Non é de recibo que a día de hoxe a consellería manteña a incerteza sobre como vai garantizar a celebración das oposicións e cales serán as medidas extraordinarias que se deben tomar.



Non podemos deixar á improvisación un proceso que afecta a milleiros de persoas nunha situación de pandemia como estamos a vivir.

 

Dende a FeSP-UGT consideramos que xa e tempo de levantar a incerteza coa que conviven as persoas opositoras no tocante á organización das probas e á  súa propia seguridade.

 

 

Toda a información no adxunto:


Documentos adxuntos a este artigo: Solicitude de Mesa Sectorial para tratar das oposicións  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia