
CXT 2020 - Publicación das instancias de participación na aplicación do concurso.

Xa están publicadas as instancias de participación e o baremo provisional.

Reclamacións:

Prazo: Dende hoxe día 5 de febreiro ata o mércores 10.

Correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal
Indicaremos no asunto da mensaxe: “Reclamación CXT”, “Reclamación ORI” ou “Reclamación ADULTOS” segundo corresponda.

Velaquí as datas nas que se espera a resolución provisional:

Secundaria: 4 de marzo

Mestres: 11 de marzo