Actualidad y noticias

29/01/2021
A FeSP-UGT INSTA Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN Á CREACIÓN DUN NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na FeSP-UGT, vemos con preocupación a visión que se trasladan da realidade os responsables políticos da Consellería de Educación e que se reflexan coas súas declaracións. Un exemplo claro son as feitas nun diario no día de hoxe onde se afirma que “… agora hai unha sensación de que a porcentaxe de incremento se aplanou algo, que se está a controlar.”

 

Só en Ourense, a modo de exemplo, agora mesmo hai activos sobre 400 casos de infección por coronavirus e uns 1200 rapaces e rapaces en situación de confinamento. Hai 2 centros pechados e 13 aulas confinadas. Para o número de centros que hai en Ourense son datos “importantes”.

 

O peche dos centros de Conservatorios de Música e Danza, Escolas de Música, Escolas Superiores, Escolas Oficiais de Idiomas mitiga o contacto entre alumnado de distintos concellos en consonancia co peche que ten establecido a Xunta de Galicia. Pero tamén non é menos certo que existen outras ensinanzas que implican mobilidade entre concellos como poden ser moitas especialidades de FP, por exemplo. Cremos que esa medida por si soa non vai abondar.

 

Dende FeSP-UGT propoñemos cambios inmediatos no Protocolo. Consulta aquí as oito demandas que lle facemos á Xunta de cara a un novo protocolo eficaz:

👇👇👇👇👇


Documentos adxuntos a este artigo: Fete informa:precisamos un novo protocolo anti-COVID  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia