Actualidad y noticias

16/12/2020
OPE do corpo PTFP e outros temas na Mesa Sectorial do 15 de decembro

 

 

 

 

Na reunión da Mesa Sectorial de Educación o Subdirector Xeral de recursos humanos  indica que se incrementa a oferta de emprego público de un total de 240 prazas para o corpo de PTFP.

 

O reparto por especialidades é o seguinte:

 

Cod    Especialidade                                                                                     Prazas  

 

 

201          Cociña e pastelaría: 8 prazas

 

202          Equipos electrónicos: 14 prazas

 

203          Estética: 10 prazas

 

204          Fabricación e instalación de carpitaría e moble : 12 prazas

 

205          Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos : 6 prazas

 

206          Instalacións electrotécnicas: 16 prazas

 

208          Laboratorio : 4 prazas

 

209          Mantemento de vehículos: 30 prazas

 

210          Máquinas, servizos e producción: 1 praza

 

211          Mecanizado e mantemento de máquinas: 10 prazas

 

214          Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios:  8 prazas

 

216          Operacións de producción agraria: 8 prazas

 

217          Patronaxe e confección: 5 prazas

 

218          Peiteado: 16 prazas

 

219          Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico: 8 prazas

 

220          Procedementos sanitarios e asistenciais: 12 prazas

 

221          Procesos comerciais: 12 prazas

 

222          Procesos de xestión administrativa : 20 prazas

 

223          Produción de artes gráficas: 2 prazas

 

225          Servizos á comunidade: 7 prazas

 

226          Servizos de restauración:  7 prazas

 

227          Sistemas e aplicacións informáticas: 17 prazas

 

228          Soldadura: 4 prazas

 

229          Técnicas e procedementos de imaxe e son: 3 prazas

 

 

 

Dende FeSP-UGT expoñemos cal é a situación actual da taxa de interinidade no corpo, sendo moi dispar, dependendo das especialidades. A OFERTA DE EMPREGO, diante da futura configuración do actual corpo de PTFP, pode ser parte dunha solución para o profesorado que ten titulación habilitada para a docencia.

 

A situación que se pode dar no conxunto do Estado coa declaración de “corpo a extinguir” do actual PTFP, aínda recoñecendo que ten enormes dificultades que se deberán salvar, non ten o impacto que ten no resto do Estado entre outras cuestións polo seguinte:

 

· Os acordos de concertación do Emprego Público asinados por FeSP-UGT, tanto os estatais coma o de Galicia, e coas súas conseguintes ofertas de prazas de estabilización supuxeron que neste momento o impacto ante a introdución da disposición adicional vixésima terceira da LOMLOE.

 

· O acordo de Interinos de Galicia, asinado por FeSP-UGT, permitiron que a nosa Comunidade Autónoma non teña as taxas alarmantes de interinidade que existen noutras CCAA. Estamos a falar que hai comunidades que teñen unha taxa de máis do 30%. En Galicia, e debido en gran parte ó Acordo de interinos en vigor, este colectivo non ten esa dimensión, atópase nun 7% aproximadamente.

 

· A conclusión á que chegamos é que o acordo de concertación coa súa conseguinte oferta de emprego máis o acordo de interinos é a solución máis viable e realista para a racionalización dos recursos humanos no sistema educativo.

 

· Se hai un corpo sometido á vulnerabilidade e arbitrariedade das circunstancias (matrícula,ciclos a implantar, conexión co mercado laboral) é o colectivo de PTFP. Faise máis necesario que nunca un novo mapa de FP de Galicia, realista, negociado, escoitando a todos, cunha certa estabilidade que estea en conexión coa realidade socioeconómica

 

do entorno para potenciar precisamente todas as ensinanzas conectadas directamente coa realidade do mundo do traballo. E iso neste momento non se está a dar.

 

· Preocúpanos a problemática xurdida co corpo de PTFP como corpo a extinguir:

 

       Esta oferta de emprego público cubre o 100% do persoal docente de PTFP sen titulación de acceso ao grupo A1. Esta oferta, engadida á xa convocada suma 603 prazas.

 

       Preocúpanos que non se cubran todas as prazas ofertadas. Nas convocatorias de oposicións dos anos 16, 17, 18 e 19 deixáronse sen cubrir un 10 % de prazas.

 

-Inquiétanos a situación que existe coa titulación de grao necesaria para pertencer ó corpo A1:

 

-Dependendo das especialidades, a incidencia da carencia de titulación axeitada para acceder ó corpo de PES é maior. Dous claros exemplos (hai máis) son as especialidades como mantemento de vehículos ou peiteado.

 

- A OPE pode pretender paliar en parte o problema que xurdirá no futuro coa falla de titulación para acceder ó sistema.

 

Dende FeSP-UGT, entendemos que a solución do problema que pode xurdir no colectivo de interinos do corpo PTFP debe darse dende o conxunto do Estado e dende o conxunto das admnistracións.

 


Para ver toda a información preme no arquivo adxunto:

 

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: Informate: Mesa Sectorial 15 de decembro.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia