Actualidad y noticias

09/12/2020
O goberno do PP non defende aos traballadores da concertada.

Por que dicimos que onde goberna o Partido Popular os traballadores do ensino concertado son maltratados sistematicamente?

 

Nada mais fácil de demostrar:

 

 

 

📍DESDOBRES COVID: Para contratar o persoal e cubrir os desdobres COVID crearon unha  subvención, opaca, que non negociaron con ninguén, onde non recollen e non pagan o  complemento autonómico (350 €) a antigüidade e os complementos asociados á dirección. Isto no se atreveron a facelo na pública, (pero o goberno do partido popular di que defende á  concertada)

 

📍A XUBILACIÓN PARCIAL: O 31 de decembro de 2.018 rematou o acordo de Xubilación Parcial (XP)  para os traballadores e traballadoras do ensino concertado que garantía un axeitado relevo  xeracional. 

      Na UGT fixémonos a seguinte pregunta; canto custa a XP? 

     -No peor dos casos a xunta debería sufragar o 50% da seguridade social que podería supoñer,  para un docente de infantil, primaria ou especial un máximo de 350 € e en secundaria un  máximo de 450 €

     -O 50% da antigüidade dun docente de infantil ou primaria con 10 trienios é 190 € e en  secundaria 240 €

     -É dicir, 160 € de diferenza en primaria e 110 € en secundaria.

     Ademais, debido á situación actual, numerosos traballadores e traballadoras, maiores de 61 anos son  persoal especialmente sensible, con perigo de complicacións graves nunha hipotética infección. 

     Acaso non sería un bo momento para acadar un novo acordo (por un máximo de 160 €) que  proporcione un tránsito mais sinxelo á xubilación definitiva para os traballadores de maior idade e  permita un relevo xeracional tan necesario no  ensino?

 

📍ACORDO DE MANTEMENTO DE EMPREGO: O descenso demográfico obrigará a pechar unidades,  o goberno da xunta sábeo, e teno calculado. Se realmente defenden á concertada aceptarían un  acordo de modo que, se alguén perde o seu   posto de traballo por perda de unidades (ou  despedimentos improcedentes), esta administración tería previsto un plan de recolocación dos  traballadores/as que se vexan nesta triste situación. Un acordo que xa existía, que este goberno  deixou morrer e non quixo volver a asinar. 

 

📍PAGO DELEGADO PARA O PAS: É unha cuestión de xustiza, racionalización e control do gasto  público. En vez de recibir o centro educativo unha subvención e este pagarlle aos traballadores,  se a administración paga directamente a este  colectivo, vai poder ter un control directo do destino  destas partidas orzamentarias e acabar coa discriminación deste colectivo fronte aos seus  compañeiros de traballo. Canto lle custa isto á administración? CERO, repito, CERO. NADA. Só  é  cuestión de diferenciar o pago delegado do PAS coa subvención para gastos de mantemento para  a empresa. Por qué non se fai? A resposta é moi simple, porque para o goberno do partido popular  a concertada só é a parte  empresarial,  logo, como un resorte só pensamos nos empresarios, non  nos traballadores (cartiños para os empresarios que, malo será, que non repartan ben).

 

📍PAGA DE ANTIGÜIDADE: e un problema enquistado que afecta soamente á nosa Comunidade  Autónoma dende o ano 2010 e ao que hai que dar unha solución urxente e definitiva, a Consellería  non pode alegar indefinidamente falta de  orzamento para xustificar a súa denegación.

 

       Que precisan para desatascalo? Prazos de pagamento amplos. Compromiso formal de parar todos  os recursos e darlle unha saída soamente a través dun acordo?

 

       Busquemos unha solución: estamos dispostos a propoñer que se modifique a actual PEA, que  consistía nun pago único, equivalente a cinco mensualidades por outro complemento asociado  á antigüidade e á formación. Estamos a falar     dos  SEXENIOS. Transformemos a PEA en SEXENIOS.

 

       Cantabria xa paga sexenios, Baleares tamén, Andalucía está en negociacións ben avanzadas. Nós  abrimos a porta a negociar a PEA de todos os xeitos posibles, sen perder dereitos, pero facilitando  a financiación da mesma. Pero tamén   advertimos que, se non se producen avances, iniciaremos mobilizacións nun breve prazo de tempo.

 

       A comunidade galega foi a primeira, e durante oito anos a única que non abonou a PEA. 

       Moitas comunidades asinaron acordos de prorroga da Xubilación Parcial, Ceuta e Melilla o mes pasado. 

       En Valencia, Andalucía, Navarra, Baleares, Aragón, Extremadura, Madrid, Ceuta, Murcia, Canarias pagan o salario normal, con todos os  complementos ao profesorado contratado para facer desdobres COVID.

 

📍Pero o Goberno do Partido Popular de Galicia segue dicindo que  defende á concertada. Basta Xa de Medias Verdades. Basta Xa de Mentiras.  O partido popular defende só ós empresarios da Concertada a costa do seus traballadores e  traballadoras. Non nos deixemos enganar.                          

             


Documentos adxuntos a este artigo: Infórmate! Mesa Tripartita.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia