Os nosos compañeiros do Federal do Sector de Ensino de FeSP-UGT fixéronnos chegar este comunicado no que manifestan o seu rexeitamento ás manifestacións que o sindicato FSIE está a lanzar contra a nosa organización con ocasión do debate sobre a LOMLOE. Este sindicato corporativo está a utilizar a súa lexítima pertenza á Plataforma da Concertada para agredir con mentiras e calumnias a un sindicato, UGT, polo simple feito de non compartir os postulados da devandita plataforma. O mencionado sindicato corporativo pretende sacar un rédito electoral que di moi pouco da devandita organización, cando teoricamente o obxectivo da Plataforma á que pertence é, única e exclusivamente, opoñerse á lei.
No adxunto, tedes o comunicado do Federal.