Actualidad y noticias

05/11/2020
CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2020

ORDE do 19 de outubro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación (DOG do 30 de outubro de 2020)

 

 

 

INFORMACIÓN DE INTERESE:

Prazo de presentación (pt.23):

Do 5 ao 26 de novembro.

Forma de presentación (pt. 20):

Presentación dunha única solicitude no caso de concursar por máis dunha especialidade.

No caso de participar por máis dun corpo, presentaráse una solicitude por cada corpo.

As solicitudes cubriranse a través do enderezo www.edu.xunta.es/cxt

Unha vez impresa a instancia de participación e a de alegación de novos méritos (se fose o caso) presentarase por rexistro.

Data en que se deben reunir os requisitos (pt. 21):

A 26 de novembro (prazo de finalización)

Lugar de presentación da solicitude (pt.22):

No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais.

Na secretaría do centro educativo no que se prestan servizos.

En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Participación forzosa (pt. 14):

Persoal funcionario procedente dunha situación de excedencia ou suspensión de funcións.

Os funcionarios e funcionarias adscritos a prazas no exterior que deban reincorporarse.

O persoal funcionario que tivese perdido o seu destino definitivo (suprimido, desprazados...).

Persoal funcionario que prestaba servizos en postos non docentes na Administración pública.

Profesorado con destino provisional no curso anterior.

O persoal funcionario en prácticas.

Dereito preferente (pt. 15 a 17):

Por supresión, modificación ou desprazamento (< 5 sesión lectivas) da praza ou posto que desempeñaba con carácter definitivo nun centro.

Para o profesorado dos corpos de catedráticos de ensino secundario, profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional por adquisición de novas especialidades no corpo en que se ten destino definitivo no centro.

Por desempeñar outro posto na Administración pública, con perda da praza docente que desempeñaban con carácter definitivo.

Por finalización da adscrición en postos ou prazas no exterior e reincorporación á docencia en España.

Prazas en centros plurilingües (pt. 12):

Para optar a elas deberá acreditarse o nivel B2 do idioma da lingua correspondente.

Expediente persoal (pts. 4 e 5):

O persoal que xa teña os méritos a alegar no expediente, verá reflexados a puntuación correspondente na súa instancia.

O persoal que NON teña os méritos a alegar no expediente, deberá engadilos en www.edu.xunta.es/datospersoais presentando a documentación xustificativa correspondente.

Reclamacións e renuncias (pt. 29):

10 días hábiles dende o día seguinte á publicación da resolución provisional na web da Consellería. As reclamacións ao baremo xa se poderán presentar unha vez se faga público na páxina web da consellería.

 

SÓ PODEN RENUNCIAR á resolución provisional, todos aqueles que concursen de maneira voluntaria, obteñan ou non destino.

NON SE PODE RENUNCIAR á resolución definitiva do concurso.

Número de peticións (pt. 24):

 

Non poderá exceder de 300. Estas poderán ser a centro e/ou localidades. 

 

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia