Actualidad y noticias

06/10/2020
MESA SECTORIAL: ADDENDA DO ACORDO DE INTERINOS E BORRADOR DO CXT

Addenda do Acordo de Interinos (ver INFORMA-T)

 📌A Addenda recolle as principais necesidades que presenta o sistema de cobertura de listas de substitucións:

• Esgotar as listas que están abertas neste momento.

• Priorizar a aquelas persoas que teñen posgrao frente a aquelas que non o teñen.

• Consolidar a aquelas persoas que posúen o requisito de posgrao s no momento de conformar as listas. 

 📌Na propia Mesa preséntase un novo punto que é en concreto di que “o persoal que, se é o caso, sexa chamado para prestar servizos sen estar en posesión do título oficial de posgrao que acredite a formación pedagóxica e didáctica, deberá realizar a formación que sobre este particular deseñe a Consellería de Cultura, Educación e Universidade”. En todo caso, esta formación non ten equivalencia co resquisto de posgrao. 

 📌Para axilizar a cobertura de vacantes, non haberá baremo e só se terá en conta a media aritmética do expediente alegado para o acceso.

Borrador do CXT (ver INFORMA-T)

📌O prazo de presentación de instancias posiblemente sexa do 5 ó 26 de novembro.

📌Solicitamos aclaración se se vai convocar algún concurso específico. Demandamos que se convoquen concurso específico de Adultos e Concurso Específico de Orientación.  

📌Anuncian que convocarán Concurso de Orientación. 

📌Dentro da intervención da administración xa se nos adianta que estará regulado por unha orde marco do Ministerio e que a redacción do actual borrador é semellante á orde de fai dous anos. 📌Anunciamos que remitiremos as nosas alegacións por escrito referidas ós aspectos técnicos do concurso

Rogos e Preguntas (ver INFORMA-T)

DEMANDAS DE FeSP-UGT NA MESA SECTORIAL

📌A ADMINISTRACIÓN, representada polo director Xeral de Centros e Recursos Humanos, no comezo da reunión da Mesa Sectorial ANÚNCIANOS QUE NOS VINDEIROS DÍAS SE CONVOCARÁ UNHA MESA SECTORIAL NA QUE PARTICIPARÁ O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E QUE TRATARÁ MONOGRÁFICAMENTE A PANDEMIA COVID 19. A continuación, abandona a reunión por ter que asistir ó PARLAMENTO de Galicia.

📌Non nos deu tempo de trasladarlle a el persoalmente o primeiro rogo que si o fixemos diante do Subdirector de Recursos Humanos

AGARDAMOS Á PRÓXIMA CONVOCATORIA DO CONSELLEIRO

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia