Despois de que no día de hoxe o Consello de Ministros aprobara o Real Decreto-Lei Lei polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito do ensino non universitario, a nosa organización sindical entende que debe ser convocada a Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos para que se nos dea a información sobre:
➡️ Dato numérico de persoas por especialidade, que están en listas e que xa foron nomeados e cantos deles con cargo á situación estraordinaria de PANDEMIA.
➡️ Dato numérico de persoas por especialidade, que aínda están en lista e polo tanto aínda non foron nomeados.
➡️ Datos de persoas que se incorporarán en breve polas listas que se abriron previa a promulgación deste Real Decreto-Lei.
➡️ Especialidades nas que poidan existir problemas para a cobertura de vacantes que se estean a producir ou se poidan producir nun futuro e que poidan verse afectadas por este Real Decreto-Lei.