Actualidad y noticias

16/09/2020
URXE A ADXUDICACIÓN DE DESTINOS DO CADP DE SECUNDARIA

O pasado 11 de setembro a Consellería de Educación anunciounos que adiaba o inicio de curso nas Ensinanzas de Secundaria e de Réxime Especial para o día 23 de setembro, co pretexto de que se necesitaba tempo para poñer en marcha todas as medidas que eran de aplicación pola implantación das Instrucións do Protocolo COVID.

Esta organización sindical xa indicou no mes de agosto que a Consellería de Educación tería que adiar o curso naquelas ensinanzas onde non se puidese garantir a saúde e os riscos da Comunidade Educativa. Houbo que esperar máis de 11 días para que a Consellería tomara esta medida.

No día de hoxe esiximos que a adxudicación se leve a cabo o antes posible e nunca máis aló do retraso acumulado polo adiamento  (1 semana). A adxudicación deberá producirse como moi tarde no día de mañá 17 de setembro. Esta data permitiría que o profesorado coñecese con antelación ó inicio do curso o seu destino, se puidese incorporar nesta semana ó mesmo e coñecer a nova realidade dese centro educativo.

A Consellería de Educación tivo tempo de sobra para incorporar todas as vacantes resultantes do incremento dos recursos debido a desdobres e baixada de rateos.

Non é momento de parches e escusas: é o momento dos desdobres, de baixada de rateos, de incorporación de novo persoal ó sistema. É o momento de fortalecer o ENSINO.

📌 DESDOBRES DE UNIDADES

📌 BAIXADAS DE RATEOS

📌 CONTRATACIÓN DE PROFESORADO

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia