No día de onte celebrouse do Consello Escolar de Galicia coa presencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que xunto con Conselleiro de Sanidade viñeron a expoñerlle (xusto o día antes do inicio de curso dalgunhas ensinanzas) o estado no que se atopa a adaptación do PROTOCOLO para volver as aulas en período post COVID19.
Despois da análise feita polo Conselleiro temos que recoñecer que coincidimos en dúas cuestións:
1.Recoñecer a extraordinaria labor que desenrolaron os equipos directivos e moito profesorado, que no mes de agosto, foron adaptando espazos, adquirindo material e organizándose para comezar o curso do xeito máis seguro posible. Mes, por certo, que non foi aproveitado polos responsables políticos do ensino e que non empezaron a consensuar as medidas e protocolos a levar a cabo ata o 27 de agosto. Moito tempo se perdeu.
2.A novidade estrela da reunión do Consello Escolar que a modalidade semipresencial no ensino non obrigatorio. Tamén coincidimos coa consellería nesta solución anunciada xa publicamente por FeSP-UGT o pasado 27 de agosto no informa onde demandabamos de novo a apertura dunha mesa urxente de negociación, entre o goberno autonómico e as ooss, para garantir un inicio de curso escolar seguro, e dentro das medidas que propuxemos figuraba para secundaria a seguinte: Redución de rateos a 15 alumnos. A partir de 3º de ESO, se fose preciso, favoreceríase unha actividade semipresencial por semanas alternas coa metade do grupo na aula e o traballo por proxectos. Novo tempo perdido.
FeSP-UGT segue a demandar que se proceda adecuar a rateo á distancia de seguridade de 1.5 metros, con clases de 15 alumnos e con contratación de novo profesorado. Os 95 millóns de euros teñen que adicarse á contratación de profesorado.
Co ensino semipresencial, xunto coa instalación de mamparas de separación (outra das “novidades” ) en moitas tipoloxías de ensinanzas (talleres de FP por exemplo) non quedan arranxados os problemas actuais do sistema educativo. Si pode dar solución ó problema de adaptación de espazo, tanto en centros públicos como en Centros privados sostidos con Fondos Públicos. Pero hai máis cuestións que deben abordarse
inmediatamente para corrixir o antes posible o despropósito de medidas e anuncios que día a día están a aparecer como solución ideal.
Hoxe comeza o curso escolar nalgúns cursos do ensino, nun contexto de convocatoria de NO ENSINO PÚBLICO E NOS CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (CONCERTADA). A FeSP-UGT decidiu non
convocar ós traballadores á FOLGA porque entre outras razóns, xa sabemos (e cremos que a Consellería de Educación tamén o sabe), que o 95% do profesorado ( o 5% queda como marxe de erro) non está de acordo coas medidas improvisadas que a contagotas está a tomar o goberno da Xunta ante a volta á ESCOLA.
Demandamos que coa máxima urxencia o Conselleiro de Educación nos convoque para negociar e concretar todos os aspectos da posta en marcha do curso escolar.
FeSP-UGT denunciará ante a autoridade laboral e ante a propia administración educativa o incumprimento do PROTOCOLO ELABORADO POLA PROPIA ADMINISTRACIÓN.
Recoñecer e respectar ós docentes tamén é propoñer, discutir e acordar cos seus representantes (sindicatos) todo aquilo que afecta ás condicións onde levan a cabo a súa actividade.
Sr. Conselleiro non deixe pasar máis o tempo.