Actualidad y noticias

28/08/2020
URXE UNHA RESPOSTA DA XUNTA PARA GARANTIR A SEGURIDADE NA VOLSTA ÁS AULAS

A FeSP-UGT decidiu non sumarse á convocatoria de folga para os días 10 e 16 de setembro, porque entende que ao único que contribúe é a desviar a atención e carga social cara ao profesorado, cando en realidade o punto de mira debe estar situado no goberno da XUNTA DE GALICIA. Por este motivo, e a pesar de que non descarta ningún tipo de acto de protesta, agora insiste na necesidade de esixir á XUNTA que presente ás organizacións sindicais a adecuación do PROTOCOLO para volver ás aulas en período post COVID-19, tralo acordo adoptado no día de onte entre o Goberno do Estado e as autonomías.

A baixada de rateos e  os desdobres para garantir as distancias de seguridade estipuladas, a contratación de novo profesorado, de persoal de administración e servizos, etc. faise máis obrigado, necesario e xustificado que nunca. O goberno galego xa non pode retrasar por máis tempo as medidas que debe tomar, pois nunha situación de excepcionalidade como a que nos toca vivir, todos debemos estar á altura do que se nos demanda, máxime os que teñen a responsabilidade.

A FeSP-UGT lamenta que dende hai 4 meses as administracións educativas non foran quen de tomar as decisións oportunas para favorecer que o inicio do curso escolar se producise nun entorno de máxima seguridade. Malia lamentar o anterior, ao noso entender, o acordo acadado no día de onte entre o conxunto das comunidades autónomas e o goberno central plasmado no documento ACUERDO DEL CONSEJO INTERTERRITORIAL DEL SISTEMA NACIONAL DE SALUD, ADOPTADO EN COORDINACIÓN CON LA CONFERENCIA SECTORIAL DE EDUCACIÓN, SOBRE LA DECLARACIÓN DE ACTUACIONES COORDINADAS EN SALUD PÚBLICA FRENTE AL COVID-19 PARA CENTROS EDUCATIVOS DURANTE EL CURSO 2020-21, sobre os protocolos das medidas hixiénico-sanitarias que deben establecerse para reducir ó máximo posible as circunstancias de risco sanitario nos centros educativos OBRIGA á Xunta de Galicia a mover ficha.

Agardamos que a Xunta de Galicia leve a cabo a modificación dos protocolos iniciais  e teña en conta as propostas que xa lles foron trasladadas no mes de xullo, coa única premisa de volver  ás aulas coas máximas garantías posibles, tanto para profesores, como alumnos, así como tamén persoal de administración e servizos.      

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia