Actualidad y noticias

19/07/2018
FESP -UGT ASINA COA ADMINISTRACIÓN O INCREMENTO RETRIBUTIVO EN EDUCACIÓN, PERO SEGUIRÁ LOITANDO POR RESTITUÍR OS DEREITOS PERDIDOS DO PROFESORADO

FeSP-UGT Galicia asinou o 18 de xullo coa Administración un incremento retributivo para todo o profesorado galego, pero anuncia que seguirá loitando por restituír os dereitos perdidos durante a crise. Desta forma, FeSP-UGT Ensino consegue un incremento retributivo de 1.260 euros anuais para todo o profesorado galego. Este incremento súmase ó incremento anual do 1.75% acadado co II Acordo Goberno-Sindicatos para a mellora do emprego público e condicións de traballo, tamén conquerido por FeSP-UGT para todos os empregados públicos.

 

No día de hoxe FeSP-UGT ven de asinar o ACORDO SOBRE AS RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL DOCENTE DEPENDENTE DA CONSELLERÍA. Este acordo é consecuencia directa de dous acordos anteriores (2003 e 2006), asinados tamén por UGT e que tamén supuxeron unha homologación do profesorado galego co resto do profesorado do Estado. As cláusulas de revisión de ditos acordos foron o instrumento co que nos valemos para arrancar as negociacións que culminan con este acordo.

 

Queremos destacar que este acordo é de aplicación a todo o profesorado, independentemente do seu vínculo coa administración (laboral, interino, funcionario de carreira) e da súa antigüidade. É unha suba lineal para TODO O PROFESORADO. 

 

Non será necesario esperar ó ano 2019 para reflexar o incremento retributivo deste acordo nas nosas nóminas. A  partires do 1 de outubro de 2018 as nóminas do profesorado galego experimentarán unha subida adicional de 15 euros mensuais á subida xeral acadada co  1.75 % estatal. Tres meses despois (en xaneiro do 2019) experimentarán outra subida de 20 euros. Completará o acordo os incrementos que experimentarán as nóminas en xaneiro de 2020 (25 euros) e en xaneiro de 2021 (30 euros). 

 

Un acordo que comeza a aplicarse en outubro de 2018 e remata en xaneiro de 2021 para poder acadar unha subida anual de 1260 euros, distribuídos en 12 pagas ordinarias e 2 extraordinarias e que irán no Complemento Específico de cada docente.

 

FeSP UGT quere destacar que dito acordo contempla algo que consideramos básico e que de non contemplalo, non asinaríamos, que non é máis que a creación dunha comisión de seguimento do propio acordo e que esta deberá analizar no 3º trimestre de cada ano as retribucións dos docentes e se houbese unha modificación da posición relativa acadada con este acordo a Consellería deberá abrir un novo proceso de negociación. Esta garantía para FeSP-UGT é fundamental  xa que de facto impide a deshomologación co resto das CCAA se estas acadaran un acordo retributivo similar. 

 

O propio acordo recolle que este é consecuencia do II Acordo Goberno-Sindicatos para a mellora do emprego público e condicións de traballo. FeSP-UGT quere poñer en valor este acordo Estatal que permitiu:

 

1.En primeiro lugar acadar un incremento retributivo para todos os empregados públicos.

2.En segundo lugar, abrir as negociacións nos distintos ámbitos de negociación entre outras cuestións como xornada laboral, a recuperación do 100% en caso de Incapacidade Temporal (baixa médica), a estabilidade do emprego, reducindo a índice de interinidade.  

 

A UGT sempre foi protagonista na consecución de acordos para o profesorado galego. En todos e cada un dos acordos estivemos presentes conseguindo máis e mellores dereitos para o profesorado que é a mellor forma de defender os intereses dos traballadores. 

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia