Actualidad y noticias

08/06/2018
HOMOLOGACIÓN SALARIAL: AS NEGOCIACIÓNS COA CONSELLERÍA EN PUNTO MORTO

 

M. Sectorial, 8 de xuño de 2018

A actitude inmobilista da Administración dificulta enormemente a consecución dun acordo de Homologación Salarial que a propia Administración sempre recoñeceu que era necesario.

 

 

 

Nesta sexta reunión, a FeSP-UGT viuse outra obrigada novamente a rexeitar a oferta da Administración para a homologación salarial do profesorado galego  na que se presentou a mesma proposta que xa presentaran na reunión anterior (xoves pola tarde):

·         Suba lineal de 80 euros.

·         Calendario de aplicación:

o   10 euros en  outubro de 2018

o   15 euros en xaneiro de 2019

o    25 euros en xaneiro de 2020

o   30 euros en xaneiro de 2021

Esta organización denuncia a nula capacidade negociadora que están a mostrar os representantes da Consellería de Educación e tacha de pouco seria a reiteración da proposta da administración, repetindo a xa feita na reunión anterior e ademais bloqueando a posibilidade de chegar a un acordo.

Coa fin de reconducir a situación e facendo un gran esforzo, a FeSP-UGT modifica a súa proposta quedando como segue:

·         Suba lineal de 115 euros.

·         Calendario de aplicación:

o   1/3 en setembro de 2018.

o   1/3 en xaneiro de 2019.

o   1/3 en xaneiro de 2020

A resposta da Administración foi unha negativa rotunda coa que ademais a propia Consellería paraliza as negociacións. FeSP-UGT atopouse cunha Consellería de Educación obcecada cunhas cantidades e cunhas datas que IMPOSIBILITAN CHEGAR A UN ACORDO CON ESTA ORGANIZACIÓN SINDICAL.

A Administración deixou en suspenso as negociacións chegando a culpabilizar ás OOSS de que non se poida chegar a un acordo. É EVIDENTE QUE NON PODEMOS CHEGAR Ó ACORDO QUE ELES QUEREN. De ningunha maneira podemos aceptar esta acusación. A FeSP-UGT leva asistindo a múltiples mesas sectoriais cunha vontade negociadora que reunión tras reunión se ve coartada pola pasividade dos representantes da Consellería de Educación na negociación e que no día de hoxe tivo a máxima expresión xa que non fixo ningún achegamento nin na cuantía nin tampouco na modificación do seu calendario de aplicación, que por certo, temporalmente iría máis alá do remate desta lexislatura.  Dilatar a aplicación do posible acordo ata o ano 2021 resulta inaceptable.

 A FeSP-UGT denuncia por tramposo o argumento da Consellería de que con 80 euros de suba nos posiciona no sexto lugar da táboa das retribucións por Comunidades Autónomas. Tramposo porque non é así para todos os corpos docentes, nin é así para toda a carreira profesional. Por exemplo, un docente de secundaria con 3 sexenios non acadaría esa posición con esa cantidade. Pola contra, a nosa proposta (suba de 115 euros) si cumpre estas condicións:

·         Colócanos na posición de acordos anteriores.

·         Todos os corpos docentes acadarían esta posición.

·         Independentemente da antigüidade, tamén acadaríamos esa posición.

A FeSP-UGT na Mesa sectorial de hoxe pediu que non se dean por rematadas as negociacións esixindo á Administración, e ó seu máximo responsable, o Conselleiro de Educación que TOME A DIRECCIÓN DESTA NEGOCIACIÓN E QUE DEFENDA DIANTE DO RESTO DO GOBERNO DA XUNTA DE GALICIA ÓS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.

Namentres esta situación non se produza A FeSP-UGT, non descarta levar a cabo todas as medidas de presión e mobilización que sexan precisas para a consecución do ACORDO RETRIBUTIVO.

SINDICATO NACIONAL DE ENSINO PÚBLICO


Documentos adxuntos a este artigo: INFORMATE HOMOLOGACION 8 DE XUÑO  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia