RESUMO DA ORDE DE COMISIÓNS POR
CONCILIACIÓN FAMILIAR
|
A FeSP-UGT ofrécevos un Resumo da ORDE do 23 de febreiro de 2018 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.
Prazo de presentación:
Do 23 maio ó 5 de xuño ambos incluídos.
Tipos de Comisión:
* TIPO 1: 1 fillo/a menor de 4 anos
* TIPO 2: 2 fillos/as menores de 6 anos
* TIPO 3: 3 fillos/as menores de 12 anos
Tipos de Comisión para familia monoparental:
* TIPO 1: 1 fillo/a menor de 8 anos
* TIPO 2: 2 fillos/as menores de 10 anos
* TIPO 3: 3 fillos/as menores de 16 anos
Quen a pode solicitar?
* Funcionarios de carreira
* Funcionarios en prácticas
* Aprobados no concurso-oposición 2018
* Persoal laboral docentes
* Interinos
Importante:
- A idade compútase a 31 de decembro de 2017.
- Pódese solicitar con embarazo a termo final antes de marzo de 2019.
- No caso de adopción/acollemento a idade computarase desde a resolución xudicial ou
administrativa.
Outros requisitos:
• Ter destino definitivo (se é o caso) a máis de 60 km da localidade de residencia.
• Ter participado no CXT (tendo solicitado a/as localidade/s que se pide na comisión)
• Se ambos cónxuxes son docentes, só pode solicitar a comisión un deles.
• Se hai custodia compartida poden pedir a comisión os dous proxenitores..
Como se fai a solicitude?
A través da aplicación: www.edu.xunta.es/cadp
Só se pode entregar por vía telemática, na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Serve calquera mecanismo de sinatura electrónica aceptado, incluída a CHAVE 365.
Peticións
Debes pedir todos os centros que están nun radio de 20 km da túa localidade de residencia (centros penitenciarios, de adultos e de xornada partida son voluntarios).
Documentación que hai que presentar:
EN TODO CASO: Copia do libro de familia.
SE É O CASO:
- Informe médico con data posible de alumbramento.
- Sentenza xudicial de custodia compartida.
- Resolución xudicial de adopción.
* Non será necesario presentar documentación se xa foi entregada en anos anteriores, non se modificaron os datos e dando consentimento á Consellería.
Orde de prioridade
1. As comisións de saúde son prioritarias ante as de conciliación.
2. Dentro das comisións de conciliación a orde prioritaria é: tipo III, tipo II e tipo I
3. E dentro de cada grupo valórase: en primeiro lugar, antigüidade como funcionario, antigüidade no centro e por último, puntuación obtida no concurso-oposición; de xeito que se concede destino primeiro ás concilia con comisión de saúde, concilia con comisión por coidado de familiar, funcionarios de carreira, funcionarios en prácticas e interinos.
Obriga de realizar dúas solicitudes:
Os funcionarios de carreira en expectativa de destino, funcionarios en prácticas, os que superen o proceso de concurso - oposición 2018 e persoal interino que soliciten concilia, cubrirán tamén no prazo ordinario a aplicación do CADP.
Sindicato Nacional de Ensino Público
AGORA TÓCANOS A NÓS.
RECUPERACIÓN DE SALARIOS E DEREITOS
|