Actualidad y noticias

22/05/2018
HOMOLOGACION SALARIAL: A CONSELLERÍA DALLE A ESPALDA Ó PROFESORADO. A FeSP-UGT NON ACEPTA A PROPOSTA DA CONSELLERÍA

 

HOMOLOGACIÓN SALARIAL: A CONSELLERÍA DESPREZA Ó PROFESORADO GALEGO (2 e 3)

 

 

A FeSP-UGT quere denunciar publicamente a nula capacidade e vontade negociadora da Administración. A oferta que a Administración fixo no día de hoxe non podemos máis que calificala como mínimo de insuficiente, que menospreza ó profesorado e que non acada o obxectivo da  homologación salarial do profesorado de Galicia. Un profesorado que leva máis de dez anos esperando por un aumento retributivo.

A proposta de incremento de 50 euros a tres anos non a podemos aceptar coma unha proposta e punto de partida dunha negociación real e cunha auténtica vontade de chegar a un ACORDO.

A modo de resumo da Mesa Sectorial de hoxe que se celebrou en xornada de mañá e de tarde,  só houbo dous movementos dos que nós fomos testemuña e que a continuación imos expoñer.

Por unha banda a proposta feita pola Administración que contempla un aumento de 50€/mes repartido en tres anualidades (15 euros no 2019, 15 euros no 20120 e 20 euros no 2021).

Por outra banda a entrada na negociación da CIG cunha insinuación de feitos dende o noso punto de vista sorprendentes (é evidente que as novas persoas e os novos responsables tamén traen novas formas e novos modos. Iso si, en todo caso sorprendentes) e en segundo lugar coa afirmación da “necesidade de incorporar un compromiso por escrito de calendario de negociación de mellora das condicións do traballo docente, un fondo de compensación que permita recuperar as pagas extras recortadas entre 2013 e 2016 e unha suba salarial que non sexa inferior aos 150 euros pactados por todos os sindicatos e a administración no último acordo de 2006”. É dicir, a CIG baixa a súa pretensión económica inicial de 200 euros a 150 fronte a mísera proposta da Administración de 50 euros. E curiosamente, tamén rebaixa da pretensión inicial de incluír na negociación determinados aspectos a agora quedarmos con incorporar un compromiso por escrito.

A Posición da FeSP-UGT neste senso é meridianamente clara e non quere levar a ninguén a engano:

1.    Demandamos que a Administración faga unha proposta seria que poida servir como punto de partida dunha negociación con vontade de chegar a un ACORDO.

2.    Dende a FeSP-UGT entendemos e así o reafirmamos hoxe, que a homologación salarial pasa,  segundo os nosos estudios por unha subida de 130 euros mensuais e lineais para todo o profesorado. Cremos que é unha cantidade rigorosa e contrastada. Poderíamos facer xogos coas táboas: meter os complementos de insularidade, os complementos de Residencia de Ceuta e Melilla (por separado e contabilizando dúas veces, por un lado a Ceuta e por un lado a Melilla…) ou incluso o profesorado que está no exterior e cobra unha indemnización por estar no estranxeiro. Somos unha Organización seria e non o imos facer. Dende a FeSP-UGT só imos contabilizar o que se nos paga ós docentes polo traballo desenvolto. Imos a comparar algo obxectivo e medible. Todos os docentes os sabemos e o temos claro:  para cobrar un complemento de insularidade un docente ten que estar nunha illa (Baleares e Canarias) e vivir cos inconvenientes de residir nunha illa.  Para cobrar coma docente de Melilla pois evidentemente hai que vivir en Melilla e para cobrar coma un docente destinado en Colombia ou Marrocos pois hai que ir a Colombia ou Marrocos. Estamos a falar de salarios por función docente. O resto é meter ruído e fume na negociación.

3.    Para a FeSP-UGT a temporalización do acordo tamén é algo importante. Partimos da necesidade aplicar o incremento retributivo o antes posible, comezando o ano 18 e rematando o ano 19. Consideramos inaceptable establecer como data final da aplicación do acordo o ano 2021.

4.    Para a FeSP-UGT tampouco nos serve o artigo que indica que a Administración, se apreciase unha modificación apreciable da posición relativa acadada co acordo procedería a revisar…. O anterior acordo establecía por escrito precisamente iso e a administración tívonos nesta posición durante dez anos. Por iso nos estraña que haxa organizacións sindicais que neste momento lle serven compromisos por escritos cando todos somos conscientes (e decimos TODOS non por arrogarnos a representación de todo o profesorado –como fan outros- senón porque estamos seguros de que todos somos conscientes ata onde nos podemos fiar con esta Administración).

5.    A FeSP-UGT non quere condicionar este acordo de homologación á RESTITUCIÓN OBRIGADA DE DEREITOS SUBSTRAÍDOS POR PARTE DESTA ADMINISTRACIÓN. Para nós non son obxecto de negociación, nin de temporalización. Son de aplicación directa e restitución, e punto. Son dereitos dos máis de 30000 docentes de Galicia e non só dos que di o sindicato maioritario que o apoian (12000 sinaturas).

Como pola mañá a reunión non deu para máis, quedamos emprazados para a tarde ás 16:30 horas.

Á tarde,  a negociación arranca co silencio do sindicato maioritario. Non ten proposta que facer, nin nada que engadir. O resto das organizacións sindicais ratificámonos na posición inicial, nomeadamente CCOO, ANPE E FeSP-UGT (que nos mantemos firmes dende un principio). A FeSP-UGT considera que ata o momento non hai unha proposta seria por parte da Administración para poder entrar a valorar.

Quedamos convocados para o próximo martes día 29 de maio a unha nova xuntanza.

Dende a FeSP-UGT QUEREMOS FACER DÚAS INVITACIÓNS Á REFLEXIÓN, sendo conscientes xa dende un principio de que igual non son ben recibidas:

1.    Por un lado, á Administración, para que na xuntanza do próximo martes  faga unha proposta seria e real  coa que poder empezar a negociar un ACORDO QUE CREMOS É DE XUSTIZA.

2.    Por outro lado, apelar á responsabilidade do sindicato que lle gusta denominarse maioritario, para que faga un esforzo e á baixada de 50 euros que fixo no día de hoxe a cambio de nada (ante a proposta irrisoria da administración) lle engada unha nova de 20 euros e así poder arrancar unha negociación cunha posición de maior forza e unanimidade dende o terreo sindical.

Namentres, e sen ser organización maioritaria, seguiremos a negociar para TODO O PROFESORADO.

 

Sindicato Nacional de Ensino Público

 

AGORA NÓS.

RECUPERACIÓN DE SALARIOS E DEREITOS


Documentos adxuntos a este artigo: INFORMA-T HOMOLOGACION SALARIAL 2 E 3  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia