Actualidad y noticias

15/05/2018
MESA SECTORIAL DO 15 DE MAIO DE 2018

RESUMO DA MESA SECTORIAL DO 15 DE MAIO DE 2018 CONCURSO de AXUDICACIÓN de DESTINOS PROVISIONAIS

 

PROXECTO DE ORDE POLO QUE SE DITAN AS NORMAS PARA A ADXUDICACIÓN DE DESTINO PROVISIONAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2017/2018

 

 A administración informa que pretende facer esta orde con carácter estable, de tal xeito que non pase por Mesa Sectorial ano tras ano. FeSP-UGT demandamos que non sexa unha orde de carácter fixo e que todos os anos se poda negociar na mesa todos os anos a non ser que se acepten todos as premisas comúns ás ooss sindicais que conforman a mesa sectorial.

A FeSP-UGT solicita que non sexa obrigatorio facer as peticións tamén para os interinos.

A FeSP-UGT apunta que unha persoa que exerce o dereito preferente NON debe ser movido da localidade e solicitamos unha nova redacción, xa que dá lugar a malos entendidos.

Solicitamos un aumento de días para cubrir a publicación para as persoas que proben os procesos selectivos a catro días hábiles.

FeSP-UGT quere aportar unha demanda que parte do profesorado galego: a eleboración dunha aplicación pública que actualice as vacantes a tempo real que sexan obxecto de provisión no CADP.

A FeSP-UGT demanda que se devolva o complemento da ESO para os mestres de PT e AL que imparten docencia na etapa de secundaria.

A FeSP-UGT solicita novamente á administración que nos centros de 12 unidades teñan un AL por catálogo e que nos IES haxa prazas de AL estruturais para poder atender as necesidades específicas de apoio educativo da área da linguaxe que existen nestes centros.

Congratúlanos que o sindicato maioritario de ensino apoie a campaña que levamos a cabo o ano pasado no referente ás materias afíns e que a administración o tivera en conta no CADP do curso pasado; aínda que resultou e resulta insuficiente, xa que na dúas materias afíns para unha vacante na etapa da secundaria son demasiadas e máis cando non se consideran os ámbitos como as afíns. Polo que, en relación coas afíns e destinos de oficio en mestres, solicitamos que non se inclúan as especialidades de Educación Infantil, Música, PT e AL, para dar unha resposta educativa máis axeitada ó alumnado con neae e de máis curta idade. E seguimos insistindo en que se regulen as materias afíns para a mellora da calidade educativa do alumnado e laboral do profesorado na etapa de secundaria por ámbitos e na creación de comisións provinciais que revisen os perfís de estas vacantes que, a pesar de que a orde do concurso de secundaria dá potestade á administración para modificar eses perfís que cargan as direccións dos centros, debe levarse a cabo un control exhaustivo por parte das mesmas e un seguimento a posteriori para que non haxa modificacións nenos perfís despois da adxudicación.

 En relación ás prazas co corpo de mestres das especialidades de orientación, PT e Al demandamos que sexan prazas completas e non con afíns e itinerantes tendo e conta as demandas e necesidades dos centros educativos máis pequenos ós que non lles correspondería praza completa por matrícula de alumnado. Dada esta situación, no caso de que sexan itinerantes sería moi importante que as tres prazas itineraran entre os mesmos centros educativos para poder favorecer o traballo co alumnado neae. En todo caso, esta organización solicita que non se compartan máis de un centro como caso xeral en ningunha especialidade.

A feSP-UGT solicita que a adxudicación en secundaria poda ser por orde de especialidade e non por orde de código de xeito que adxudiquen pola máis favorable en distancia.

A FeSP-UGT solicita o adiantamento da resolución definitiva deste concurso para que o profesorado poda ser partícipe de toda a vida do centro desde os comezos dando a posibilidade ó persoal que participa no mesmo a participar na elección de horarios, etc

A UGT solicita que se oferten todas as vacantes neste concurso e que sexan negociadas nas delegacións provinciais; xa que todos os anos nos atopamos que a posteriori aparecen moitas vacantes preto das cidades.

A feSP-UGT solicita, novamente, un concursiño previo ó CADP no que o profesorado definitivo ou en expectativa de destino de longa duración poda participar nos termos que xa comentamos noutras mesas anteriores.

A FeSP-UGT demanda que as vacantes do corpo de secundaria se estipulen con 18 horas.

Lembramos que aínda existe moito profesorado en expectativa de destino. Este ano traballouse na liña de intebntar solventar este problema pero queremos deixar constancia, xa que esta orde é para os provisionais, que se siga traballado en prol da adxudicación definitiva das persoas en expectativa de longa duración no vindeio cxt.


Documentos adxuntos a este artigo: INFORMA-T CADP  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia