Actualidad y noticias

13/04/2018
MESA SECTORIAL DO 10 DE ABRIL DE 2018

 

 

 

 

 

O Martes 10 de abril levouse a cabo a continuación da Mesa Sectorial do 20 de marzo de 2018 onde se trataron oas seguintes puntos:

  • Piale
  • Licenzas de formación
  • Reintegro de gastos
  • Rogos e preguntas

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa PIALE (programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras).

 

- Desde a FeSP-UGT instamos á administración a que manteña unha boa organización coas empresas colaboradoras para que non ser repitan novamente casos coma os de Portugal deste verán. Entendemos que as condicións dos pregos son distintas en función dos países pero van dous anos seguidos que se reciben queixas polo aloxamento e a organización de Portugal.

 - Consideramos que hai limitacións de acceso e que deberían poder optar ó PIALE os interinos e agradecemos que se mencione a posibilidade de participación dos funcionarios en prácticas tal e como solicitamos o curso pasado. Do mesmo xeito que consideramos importante que poda participar todo o profesorado (PT e AL sempre quedan excluídos porque nunca son responsables de seccións bilingües)de xeito que podan optar a ter mellor formación en linguas. 

- Solicitamos, novamente, prazas de italiano 

- Agradecemos a incorporación de prazas en Francia, solicitadas na anterior convocatoria por esta organización.

- Solicitamos 10 prazas para alemán en lugar de 5 porque hai institutos que o están establecendo coma segunda lingua estranxeira. 

- Solicitamos unha comisión máis técnica.

- Esta convocatoria establece a acreditación do aproveitamento da mesma mediante a adquisición dun nivel máis de competencia lingüística. Desde a FeSP-UGT consideramos que tres semanas de estancia son insuficientes para acreditar o paso dun dun B1 a un B2 ou dun B2 a un C1 e coidamos que é un desprestixio para a aprendizaxe das linguas; xa que facer ese salto na adquisición dun idioma en tres semanas é realmente complicado

 

Licenzas de formación.

 

- Solicitamos que se incremente o orzamento para este tipo de axudas do profesorado para quen teña interese en ampliar a súa formación. 

- Que se incremente tamén o tempo de gozo das licenzas.

- Solicitamos que as axudas vaian máis alá das TIC e as linguas estranxeiras xa que para este tipo de actividade a consellería xa fomenta numerosos programas específicos e podería ser beneficioso para toda a comunidade educativa a incorporación de temáticas de traballo coma o alumnado neae, a convivencia escolar, o fomento da inclusión educativa, pedagoxía ou didáctica xa que son modalidades interesantes a valorar para formar ó profesorado en atención á diversidade

- A FeSP-UGT esixe a recuperación das licenzas por estudos de carácter retribuído, pois entendemos que facer un doutorado ou un grado é algo que tamén redunda na calidade da praxe docente e por ende do sistema educativo.

 

Reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario ano 2016

 

- Valoramos positivamente o incremento do contía xeral nas axudas, pero consideramos que deberan actualizarse á alza.

- Reclamamos o aboamento de, como mínimo, os gastos de mantenza; sendo importante tamén recoller os gastos de aparcadorio.

- Solicitamos un prazo máis breve de resolución; xa que 6 meses poden solaparse con outras axudas doutras administracións.

- Agradecemos que se tivera en consideración as nosas propostas e que as axudas vaian máis alá das TIC e as linguas estranxeiras eque inclúan temáticas beneficiosas para toda a comunidade educativa a incorporación de temáticas de traballo coma o alumnado neae, a convivencia escolar, o fomento da inclusión educativa, pedagoxía ou didáctica xa que son modalidades interesantes a valorar para formar ó profesorado en atención á diversidade.

 


Documentos adxuntos a este artigo: INFORMA-T MESA SECTORIAL ABRIL  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia