Mobilización con unidade sindical
O próximo día 10 de abril ás 19.00h CONCENTRACIÓN diante da
Asociación Galega San Francisco (AGASFRA) en Vigo
MARABILLOSA UNIDADE SINDICAL:
Os tres sindicatos máis representativos do ámbito da Discapacidade CIG, UGT e CCOO iniciamos xuntos un camiño de loita para conseguir un Convenio Digno para todas as traballadoras do devantito sector.
XA NOS TOCA
Despois de anos de axuste, con conxelacións salariais e perdas de poder adquisitivo, chegou o momento de recuperar os nosos dereitos laborais e incrementar os nosos salarios.
A precarización laboral non só ten efectos sobre as traballadoras, senón que tamén incide de maneira directa sobre o servizo público que se lle ofrece a usuarios e familias, minguando a calidade do mesmo.
Dado que as patronais seguen ancoradas en discursos e retrógrados CIG, UGT e CCOO realizamos un chamamento ao conxunto de traballadoras, usuarios e familiares para que o próximo 10 de abril se mobilicen en defensa dunhas condicións laborais dignas que sen dúbida se verán reflectidas nun aumento da calidade do servizo.
POR UN CONVENIO DIGNO
POR UNS SERVIZOS DIGNOS
POLO INCREMENTO DOS SALARIOS
POLA REDUCIÓN DA XORNADA
POLA SUPRESIÓN OU MODIFICACIÓN DO CDP
SINDICATO NACIONAL DE ENSINO PRIVADO