Actualidad y noticias

22/03/2018
INFORMA-T: INTERPRETACIÓN SENTENZA PERMISOS RETRIBUÍDOS

Sentenza do TS, permisos retribuídos: incicio do goce o primeiro día laborable

 

O TS ditou unha importante  Sentenza (Sala do social, nº 145/2018) sobre o caso do comezo dos permisos retribuídos.

 

A sentenza deixa claro que é o convenio colectivo de aplicación quen en cada caso regula as condicións para o goce dos permisos retribuídos, sempre para mellorar, ao non poder reducilos, os que establece o art 37.3.

Ademais, continúa a sentenza, debe entenderse que o día inicial de goce non pode ser un día feriado senón o primeiro día laborable que siga a aquel en que se produciu o feito que dá dereito ao permiso. Non interpretalo así podería levar ao absurdo de privar do permiso, ou de días no permiso, nos supostos de que o feito causante acaece ao inicio de varios días feriados seguidos, o que é contrario ao espíritu do art 37-3 do ET e a norma convencional.

 

Así pois o goce  dos permisos retribuídos recollidos no ET debe iniciarse,  cando o feito causante se produza en día feriado, o primeiro día laborable que o siga.

 

En caso de que o convenio de aplicación contradiga o dito nesta sentenza debería impugnarse o mesmo.


Documentos adxuntos a este artigo: Informa-t sentenza permiso retribuído  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia