Actualidad y noticias

22/03/2018
INFORMA-T: DECLARACIÓN DA RENDA 2017

Retencións IRPF, Rentas exentas e obrigatoriedade de declarar

 

RETENCIÓNS IRPF. Aspectos claves a ter en conta

 

É unha obrigación das empresas, independente da obrigación que poida ter o traballador de presentar ou non declaración polo IRPF cando empece a campaña do IRPF (para o exercicio 2017, comeza o día 4 de abril de 2018).

 

1.    A lexislación establece as retencións que cada empresa debe aplicar en función da situación particular do traballador en cada momento, e que poden cambiar se cambian as súas circunstancias. Para iso, a Axencia Tributaria pon a disposición dos cidadáns unha ferramenta para o cálculo destas retencións. (VÁLIDA PARA O 2018).

 

2.    O artigo 86 do R.D 439/2007 polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, establece que un traballador poderá pedir ao seu empregador unha redución de dous enteiros no seu tipo de retención se a contía total das súas retribucións é inferior a 33.007,2 euros e destina cantidades á adquisición e rehabilitación da súa vivenda habitual utilizando financiamento alleo e con dereito a dedución por investimento en vivenda habitual (teñen que cumprirse os dous requisitos).

 

3.    O tipo de retención non poderá ser inferior ao 2 por 100 cando se trate de contratos ou relacións de duración inferior ao ano. Con todo, se a empresa renova o contrato, o máis probable é que as retencións suban de golpe

 

4.    Establécese o 15% de retención para os atrasos que correspondan imputar a exercicios anteriores (sexa cal sea el tipo de retención aplicado nos exercicios aos que correspondan ou no exercico en que se pagan)

 

5.    O traballador pode pedirlle á súa empresa que lle suba as retencións practicadas.

 

 

 

RENDAS EXENTAS

Existen unha serie de rendas que si se consideran exentas, polo que non están sometidas a gravame por IRPF. Entre elas podemos mencionar:

          A renda suxeita ao Imposto sobre Sucesións e Doazóns. O que recibimos por herdanza non temos que declaralo na Renda senón que está suxeito á súa propia liquidación.

          As ganancias e perdas orixinadas na disolución da sociedade de gananciales.

          Indemnizacións por responsabilidade civil ou seguros de accidentes (na contía legal ou xudicialmente recoñecida).

          Indemnizacións por despedimento, a condición de que cumpran as condicións e dentro dos límites establecidos na lei.

          As prestacións recoñecidas ao contribuínte pola Seguridade Social ou polas entidades que a substitúan como consecuencia de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez.

          As prestacións públicas por fillo a cargo, por nacemento, partos múltiples e adopción, pensións por orfandade e por maternidade.

          Axudas públicas por acollemento e para financiar estancia en residencias ou centros de día de maiores de 65 anos ou persoas con minusvalía.

          Bolsas públicas.

          As anualidades por alimentos percibidas dos pais en virtude de decisión xudicial.

          Premios literarios, artísticos ou científicos relevantes. • Prestacións por desemprego na modalidade de pago único.

          Premios de loterías, apostas e sorteos de importe inferior a 2.500€.

          Traballos no estranxeiro realizados para unha empresa ou entidade non residente en España ou nun establecemento permanente radicado no estranxeiro. No territorio en que se realicen os traballos debe aplicarse un imposto de natureza idéntica ou análoga á deste país e non ser un paraíso fiscal. Límite de 60.100€ anuais.

          Dividendos e participacións en beneficios co límite de 1.500€ anuais.

          Determinadas ganancias patrimoniais.

 

A exención dalgunhas destas rendas está condicionada ao cumprimento duns requisitos determinados polo que, en caso de percibilas, é conveniente consultar a lexislación a fin de darlles o tratamento correcto.

 

QUEN TEN QUE PRESENTAR DECLARACIÓN DA RENDA

Están obrigados a declarar (sexa confirmando un borrador a través de Renda WEB ou presentando unha declaración) todos as contribuíntes persoas físicas residentes en España, excepto os que percibisen, exclusivamente, rendas procedentes de:

 

1)    Rendementos do traballo persoal, iguais ou inferiores a 22.000 euros anuais:

 

          Sempre que procedan dun só pagador.

 

          Cando existan varios pagadores, sempre que a suma do segundo e posteriores por orde de contía non superen no seu conxunto a cantidade de 1.500 euros.

 

          Cando os únicos rendementos de traballo consistan en prestacións pasivas (pensións da Seguridade Social e de clases pasivas, prestacións de plans de pensións, seguros colectivos, mutualidades de previsión social, plans de previsión social empresarial, Plans de previsión asegurados e prestacións de seguros de dependencia), sempre que a determinación do tipo de retención aplicable se realizara de acordo co procedemento especial regulamentariamente establecido (a solicitude do contribuínte mediante presentación do modelo 146).

 

O límite fíxase en 12.000 euros anuais nos seguintes supostos:

 

          Cando os rendementos do traballo procedan de máis dun pagador e a suma das cantidades percibidas do segundo e restantes por orde de contía superen a cantidade de 1.500 euros anuais.

 

          Cando se perciban pensións compensatorias do cónxuxe ou anualidades por alimentos non exentas.

 

          Cando o pagador dos rendementos do traballo non estea obrigado a reter.

 

          Cando se perciban rendementos íntegros do traballo suxeitos a tipo fixo de retención (establecido para retribucións percibidas pola condición de administradores e membros dos Consellos de Administración, e similares)

 

 

2)    Rendementos do capital mobiliario e ganancias patrimoniais sometidas a retención ou ingreso a conta, co límite conxunto de 1.600 euros anuais.

 

Exclúese do límite conxunto de 1.600 euros anuais ás ganancias patrimoniais procedentes de transmisións ou reembolsos de accións ou participacións de institucións de investimento colectivo nas que a base de retención non proceda determinala pola contía para integrar na base impoñible. Cando a base de retención non se determinou en función da contía para integrar na base impoñible a ganancia patrimonial obtida procedente de transmisións ou reembolsos de accións ou participacións de institucións de investimento colectivo non poderá computarse como ganancia patrimonial sometida a retención ou ingreso a conta a efectos dos límites excluíntes da obrigación de declarar.

 

3)    Rendas inmobiliarias imputadas, rendementos de letras do tesouro e subvencións para adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado, con límite conxunto de 1.000 euros anuais.

 

Non terán que presentar declaración en ningún caso quen obteña rendementos íntegros do traballo, de capital ou de actividades económicas, ou ganancias patrimoniais que conxuntamente non superen os 1.000 euros nin quen tivese, exclusivamente, perdas patrimoniais inferiores a 500 euros.

 

Con todo, aínda que non resulten obrigados a declarar, todos os contribuíntes que exerciten o dereito a aplicarse determinadas reducións ou deducións ou a recibir unha devolución teñen que confirmar o borrador ou presentar a declaración.

Non se tomarán en consideración as rendas exentas do Imposto

 

Os límites anteriores son aplicables tanto en tributación individual como conxunta.

 

Están obrigados a declarar en todo caso os contribuíntes que perciban calquera outro tipo de rendas distintas das anteriores ou SUPEREN Os IMPORTES MÁXIMOS INDICADOS (calquera deles) en cuxo caso deberán declarar a totalidade das rendas obtidas (salvo as exentas)

 Normativa, guías e manuais:

http://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Inicio/La_Agencia_Tributaria/Campanas/_Campanas_/Impuesto_sobre_la_Renta_de_las_Personas_Fisicas__IRPF_/_INFORMACION/Normativa__Guia_y_Manuales/Normativa__Guia_y_Manuales.shtml

 

Manual práctico 

http://www.agenciatributaria.es/static_files/AEAT/DIT/Contenidos_Publicos/CAT/AYUWEB/Biblioteca_Virtual/Manuales_practicos/Renta/ManualRentaPatrimonio2017_es_es.pdf

 

Aclaración final: este manual está pechado a día 13 de marzo de 2018 e advírtese que calquera modificación posterior deberá ser tida en conta.


Documentos adxuntos a este artigo: INFORMA-T RENDA 2017  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia