Actualidad y noticias

19/03/2018
ESTANCAMENTO NO CONVENIO DA DISCAPACIDADE

INMOBILISMO DA PATRONAL NA NEGOCIACIÓN DO XV CONVENIO DE DISCAPACIDADE

 

 

As negociacións do Convenio de Discapacidade seguen estancadas ante o inmobilismo da patronal que rexeita todas as nosas propostas. UGT loitará por un convenio no que se concreten as medidas necesarias para a recuperación dos dereitos perdidos nos últimos anos.

Facemos un chamamento ás demais organizacións sindicais  para levar a cabo accións unitarias a prol da mellora das condicións laborais no ámbito da discapacidade.

 

OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS, O PRIMEIRO.


Así pois UGT seguirá defendendo:

 

§         Reformar ou suprimir o CDP e da xestión por competencias, substituíndoo polo complemento de antigüidade ou por un complemento vinculado á formación sen avaliacións.

 

§         Incrementar os salarios para 2017 e 2018  por encima do IPC para recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos.

 

§         Automatizar os incrementos do SMI para que se reflictan directamente no salario base  e que repercutan en todos os conceptos retributivos dos traballadores.

 

§         Confeccionar o calendario laboral antes de finalizar o ano anterior para a organización persoal dos traballadores.

 

§         Manter como mínimo as retribucións do 85% e 95% para o primeiro e segundo ano no contrato en prácticas.

 

§         Creación dun novo permiso retribuído polo tempo indispensable para ir ao médico e outro para acompañar a un menor de doce anos ou familiar con dependencia ao seu cargo.

§         Novo modelo de vacacións: 1 mes de vacacións en período estival e seis días máis a gozar durante o ano.

 

§         Xornada: 1680 horas anuais, con vinculación real das xornadas semanal e anual. Reducir a xornada semanal a 37,5 horas tanto para os centros de atención especializada como para os Centros Especiais de Emprego. Nos centros educativos, equiparación no cómputo anual laboral co resto dos centros ordinarios de Concertada.

 

§         Defender os Centros Especiais de Emprego para garantir o emprego protexido e mellorar as condicións laborais das persoas con discapacidade.

 

§         Refacer a clasificación profesional modificando o que non funcionou no XIV convenio colectivo.

 

§         Novo tratamento específico dentro da clasificación profesional dos Intérpretes de Lingua de Signos ( ILSE), dos Educadores Sociais e doutras figuras profesionais necesarias na discapacidade.

 

 

Lembramos a todos, incluídas ás demais organizacións sindicais que:

 

Xuntos podemos máis

 

 

SINDICATO NACIONAL DE ENSINO PRIVADO DE GALICIA

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: INFORMA-T DISCAPACIDADE  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia