De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 24 de outubro de 2017 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (Diario Oficial de Galicia nº 210, do 6 de novembro), o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.
O prazo para reclamacións e renuncias, é o comprendido entre o día 21 de febreiro e o 2 de marzo, ambos incluídos.
As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda da orde e remitiranse ademais por correo electrónico a:
Primaria: correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es.
Secundaria: correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.es
Pode consultarse a adxudicación provisional na aplicación https://www.edu.xunta.es/cxt/ (Listaxe concurso > Listaxe de resolución)