O Estatuto dos Traballadores establece o dereito dos traballadores a unha redución da xornada, de traballo diaria, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un oitavo e un máximo da metade da duración daquela, nos seguintes casos:
A. Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de 12 anos.
B. Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo a unha persoa con discapacidade que non desempeñeunha actividade retribuída.
C. Quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse en por si, e que non desempeñe actividade retribuída.