Actualidad y noticias

08/02/2018
FeSP-UGT ESIXE QUE SEXA A CONSELLERÍA QUEN DECIDA QUE FACER ANTE ALERTAS METEOROLÓXICAS

 

 

 

 

 

 

 

 

En Lugo houbo moitos problemas para poder acceder aos centros
 pola neve e o xeo

 

 FeSP-UGT ESIXE QUE SEXA A CONSELLERÍA QUEN DECIDA SE SE SUSPENDEN AS CLASES POLAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018. O sector de Ensino da  Federación de Traballadores dos Servizos Públicos da UGT Galicia esixe á Consellería de Educación que garanta a seguridade dos membros da comunidade educativa e asuma a súa responsabilidade, nesta oportunidade con respecto á suspensión de clases polas condicións meteorolóxicas, especialmente adversas en Lugo con nevadas e xeo.

        A Consellería de Educación deixa, unha vez máis, en mans dos equipos directivos a responsabilidade de abrir os centros escolares. Ademais, nin sequera están anunciadas as alertas meteorolóxicas na páxina web da consellería.

Estes días, con problemas para circular incluso na mesma capital, varios  centros da provincia de Lugo como  A Fonsagrada, Guntín, Friol ou Pedrafita do Cebreiro, entre outros,  víronse na obriga de pechar. Outros moitos sofren a falta de profesorado e alumnado que se viu incapaz de chegar ó seu destino polas malas condicións das estradas, como Guitiriz, As Nogais, Abadín, ou Monseivane (Vilalba)...

Desta forma houbo casos coma o do CPI de Castroverde onde soamente foron a clase dous nenos da ESO, de toda a infantil, primaria e secundaria, ou en Guitiriz onde o 70% do alumnado non puido acudir ao centro, por non poder avanzar os buses por culpa do xeo.

 

Por todo isto, e para garantir a seguridade tanto do alumnado coma do profesorado, esta organización sindical esixe que “a Consellería tome a iniciativa sen deixar nas mans dos equipos directivos a decisión de abrir ou non o centro educativo”.


Documentos adxuntos a este artigo: NOTA PRENSA ALERTA METEOROLÓXICA  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia