A FeSP-UGT considera que este anuncio é consecuencia directa de:
· Acordo pola mellora do Emprego, asinado pola FeSP-UGT, marzo de 2017 en Madrid, que posibilitou ás comunidades autónomas de converter emprego interino en estable e fixo.
· Acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos na Xunta de Galicia, asinado por FeSp-UGTo pasado 18 de outubro.
· Acordo de interinos que establece como obxectivo situar en torno ó 5 %, o número de interinos dos corpos docentes, que FeSP-UGT tamén asinou.
Non obstante, queda moita tarefa por facer,e non será doado. Co obxectivo de acadar máis información sobre o proceso de estabilización, a FeSP-UGT solicita a convocatoria urxente da Subcomisión de Seguimento do Acordo, e poder analizar con maior concreción o alcance do recoñecemento do proceso de estabilización que este anuncio supón.
Sindicato Nacional de Ensino Público