O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia e Escola Viva convocan, un ano máis, a sexta edición do Premio á Innovación Educativa Escola Viva. O prazo para a presentación dos traballos queda aberto ata o próximo día 26 de abril.
Todos os interesados poderán presentar os seus traballos dende xa ata o próximo día 26 de abril no que remata o prazo. A resolución darase a coñecer o 9 de maio. Poderán presentarse a este premio profesores de Educación Infantil e Primaria, Educación Secundaria, Ensinanzas Artísticas e de Réxime especial e Formación Profesional de centros públicos e concertados. O primeiro premio terá unha contía de 2.000 euros, mentres que o segundo recibirá 1.000 euros. Os traballos educativos que se presenten ao devandito premio deberán versar sobre os seguintes ámbitos:
Aprendizaxe participativo e colaborativo:
· Atención á diversidade.
· Convivencia.
· Educación ambiental.
· TICs.
· Linguas estranxeiras.
· Ensinanzas artísticas.
Os traballos poden enviarse ata o 26 de abril, incluído este día, ó seguinte enderezo:
FeSP-UGT Galicia
Miguel Ferro Caaveiro 12, 1º. 15707. Santiago de Compostela.
Debe indicarse no dorso do sobre: Premio de Innovación Educativa.