Hoxe, 24 de xaneiro de 2018, celebrouse o II Comité Nacional da FeSP-UGT onde se aprobou por unanimidade unha resolución rexeitando a nova zonificación de Vigo e demandando unha Mesa Técnica para negociar en caso de supresión de centros ou ensinanzas
Por todo o exposto o Comité Nacional quere manifestar o seguinte:
1. Lamentar enormemente que o Goberno do Partido Popular da Xunta de Galicia non aproveitara esta petición para anticipar e correxir as consecuencias que esta decisión está a causar.
2. Rexeitar á reestruturación das zonas de escolarización do concello de Vigo proposta pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, xa que en ningún momento se escoitou á comunidade educativa nin se acordou dita zonificación cos órganos de representación do profesorado.
3. Instar ó Goberno do Partido Popular a paralizar a tramitación do borrador de zonificación da área metropolitana de Vigo e inicar un novo, elaborado en base a criterios pedagóxicos, acompañándoo dun proceso de negociación da vacantes dende os órganos de representación do conxunto dos docentes da provincia de Pontevedra, favorecendo a estabilización dos cadros de persoal docente dos centros educativos paliando a situación actual de provisionalidade. dunha alta porcentaxe de profesorado galego.
4. Apoiar as mobilizacións que se están a levar a cabo para intentar reconducir todas estas actuacións.