Actualidad y noticias

23/12/2017
FeSP-UGT ENSINO, EN DESACORDO CO BORRADOR DA ZONIFICACIÓN ESCOLAR DA ÁREA EDUCATIVA DE VIGO

FeSP-UGT Galicia manifesta o seu absoluto desacordo co borrador da Zonificación Escolar da Área Educativa de Vigo, por estar baseado somentes en  criterios técnicos e non ter en conta criterios educativos e pedagóxicos. Por ese motivo este sindicato solicita que se escoite á comunidade educativa para rezonificar dun xeito acorde ás necesidades de todos.

Esta organización sindical critica a falta de coherencia na aplicación dos criterios de proximidade e de racionalización dos recursos xa existentes. Desta forma se producen situacións coma a do IES de Teis, onde se realizaran recentemente inversións para crear como aulas específicas destinadas a ESO e Bacharelato, e agora estas ensinanzas son trasladadas ao IES da Guía.

FeSP-UGT Galicia manifesta ademais a súa preocupación pola situación na que se atoparán os docentes afectados, resultando algúns deles suprimidos ou desprazados, outros tendo que permanecer nos seus centros impartindo ensinanzas diferentes e sen opcións de concursar a outros destinos, ou incluso nalgúns casos perdéndose postos de traballo.

 


Documentos adxuntos a este artigo: np zonificacion  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia