Actualidad y noticias

08/09/2017
FeSP-UGT ENSINO CRITICA A FALTA DE CRITERIO NA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DAS MATERIAS AFÍNS

Unha vez máis, dende esta organización sindical reclamamos á Consellería a regulación das materias afíns e a estabilidade do profesorado en expectativa de longa duración; así como do que atende directamente ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Adxudicación definitiva. Despois de comprobar a devandita lista de adxudicados, puidemos comprobar que aproximadamente 1.200 docentes impartirán materias afíns con perfís totalmente incongruentes. As principais damnificadas son ensinanzas coma música, cun 61% de prazas con materias afíns; grego, cun 71,5% de prazas con materias afíns ou xeografía e historia, cun 41,4% de prazas con materias afíns. A continuación aportamos algúns exemplos de prazas con perfís incongruentes, sobre todo porque algúns deles son materias con carácter de ciclo formativo:
-    Educación física con afín debuxo.
-    Música co  afín bioloxía.
-    Música con afín historia e procesos e medios de comunicación.
-    Debuxo con afín música.
-    Francés con afín música e debuxo.
-    Lingua Castelá con afín música e inglés.
-    Filosofía con afín grego e educación física.
-    Filosofía con afín tecnoloxía e latín.

Por último, a FeSP-UGT Ensino denuncia novamente a falta de continuidade do profesorado de atención á diversidade na etapa de secundaria, feito que se observa claramente na porcentaxe de interinos en Orientación Educativa en Galicia: Un 90,90% das prazas adxudicadas neste concurso son de persoal interino.


Documentos adxuntos a este artigo: NP adxudicación materias afíns   NP afins  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia