Actualidad y noticias

26/04/2017
O DÍA 10 DE MAIO COÑECERANSE OS GALARDOADOS DO PREMIO ESCOLA VIVA

O próximo día 10 de maio darase a coñecer a resolución do xurado da V edición do Premio á Innovación Educativa "Escola Viva". O anuncio do fallo do xurado retrasouse uns días sobre o prazo previsto debido á grande participación e a calidade dos traballos presentados que fixo máis intensas e complexas as reunións dos membros do xurado.

 

O primeiro premio ten unha contía de 2.000 euros, mentres que o segundo recibirá 1.000 euros. Os traballos educativos presentados pertencen aos seguintes ámbitos: aprendizaxe participativo e colaborativo, atención á diversidade, convivencia, educación ambiental, TICs, linguas estranxeiras e ensinanzas artísticas.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia