Actualidad y noticias

13/03/2017
FeSP–UGT DENUNCIA A MALA XESTIÓN DA XUNTA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO 2017 COS CONSERVATORIOS DE MÚSICA

FeSP-UGT Ensino denuncia a actuación da Consellería de Educación na Oferta Pública de Emprego 2017 con respecto aos Conservatorios de Música. “A OPE que anunciou a consellería convoca prazas de acceso de corpo A2-A1 para que o profesorado de Educación Secundaria poda cubrir prazas no CMUS, pero esta oferta non convoca oposicións libres para o profesorado de Conservatorio. Deste xeito a administración pretende resolver un problema legal  que está nos xulgados: o Profesorado de Educación Secundaria de Música que está impartindo docencia nos CMUS e ao cal os tribunais dixeron que había que arranxar xa que son corpos distintos”. Esta problemática xa chegou aos centros e no Conservatorio de Ourense haberá mobilizacións ao longo desta semana  pedindo a Consellería solucións. 

Este sindicato critica o maltrato que se está producindo desde a Administración ante as ensinanzas musicais da etapa da Educación Secundaria e dos conservatorios, e por iso solicita á Administración que “actúe ante este problema xerando prazas de acceso, prazas por libre para mitigar o maltrato ao que se viron sometidos estes colectivos nos últimos anos, e que se aumente o número de horas de Música en Secundaria”

En opinión de UGT, “con esta oferta de emprego están derivando algo provisional en algo definitivo pero restrinxindo ó acceso, a súa vez, ao profesorado interino do CMUS que leva esperando convocatoria máis de 6 anos e aos novos opositores que non teñen opción de acceder ás listas xa que non hai un proceso libre ao que presentarse”.

Esta medida da Administración ten a única pretensión de eliminar o transvasamento  ilegal de corpos de PES a CMUS pero, con isto acrecentan a problemática do profesorado interino do CMUS negándolles unha oportunidade a acceder a unha praza e non solucionan a problemática xerada por eles mesmos do Profesorado de Música que, grazas a implantación da LOMCE e a mala xestión administrativa da consellería, non ten suficientes horas de docencia para impartir no ensino secundario.

 


Documentos adxuntos a este artigo: NP Conservatorios  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia