Actualidad y noticias

17/02/2017
UGT DENUNCIA UN NOVO ATAQUE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN AO SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO EN AS PONTES

A Federación de Traballadores dos Servizos Públicos da UGT ven de denunciar un novo ataque contra a calidade do Ensino Público, nesta ocasión, eliminando definitivamente a posibilidade de prematricularse no IES Castro da Uz ao alumnado de 4º da ESO derivándoo ao IES Moncho Valcárcel, ambos centros de As Pontes (A Coruña).

 

Segundo UGT, “suporía a masificación nas aulas neste IES” dado que tamén escolariza aos rapaces que veñen do CPI Monte Caxado, evidenciando así, un novo ataque e recorte de postos docentes no IES Castro da UZ .

 

A Xunta de Galicia recortou preto de 900 postos docentes na provincia da Coruña nos últimos catro anos e pretende solventar o problema coa contratación en precario de profesorado que nin sequera tera un contrato de media xornada.

 

O Sector de Ensino da Federación de Empregados/as dos Servizos Públicos da UGT de Galicia oponse frontalmente a un novo atentado contra o Ensino Público galego e actuará de forma contundente contra toda vulneración dun Dereito Esencial como é a Educación así como contra a precarización dos Dereitos laborais e perdas de postos de traballo do Profesorado.

 


Documentos adxuntos a este artigo: NP denuncia recorte docentes As Pontes  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia