Actualidad y noticias

30/09/2016
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia declara o 26 de outubro xornada de loita contra as reválidas

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia tras someter a debate a situación actual xerada pola aprobación do Real Decreto de reválidas quere manifestar o seguinte:
Coa aprobación do RD 310/2016 de 29 de xullo polo que se regulan as reválidas completouse a implantación da LOMCE.
Estas reválidas na ESO e Bacharelato desenvolven unhas probas longas, custosas, inxustas e inútiles para a educación que necesita o alumnado do século XXI. Ademais a lei segue sen resolver a situación de quen tras finalizar adecuadamente a súa etapa educativa, non supere areválida e, como consecuencia, non obteña o título correspondente.

A posta en marcha destas probas unido ás políticas de recortes no ensino público que vimos soportando nos últimos anos pechan o círculo da implantación dun modelo educativo que acaba coa igualdade de oportunidades no ensino e a consideración da educación como un dereito universal.
Polo que no seo da Plataforma acadaronse os seguintes acordos:

· Declarar o día 26 de outubro como xornada de loita contra as reválidas , para esixir a súa eliminación inmediata e definitiva, asi como a derrogación da LOMCE e a prol da reversión dos recortes.
· Apoiar a xornada de folga educativa convocada para esa data polo sector do alumnado e polo sector de pais e nais.
· Poñer en marcha un calendario de actuacións conxuntas contra as reválidas que se dará a coñecer en vindeira data.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia amosa o seu rexeitamento absoluto á imposición das reválidas e reitera que non deixará de realizar actuacións conxuntas dentro dun marco global de loita pola derrogación da LOMCE e o resto de contrarreformas educativas, así como para lograr a reversión total dos recortes sufridos nos últimos anos.


Documentos adxuntos a este artigo: Comunicado Plataforma Ensino Público de Galicia  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia