Actualidad y noticias

22/09/2016
É ILEGAL A BAIXADA SALARIAL POR CAMBIO DE FUNCIÓNS (MOBILIDADE FUNCIONAL)

Ante as consultas de traballadores afectados por reducións salariais por mobilidade funcional( pasar de dar clase na ESO concertada a Bacharelato, por exemplo), o Sindicato Nacional de Ensino Privado da FeSP- UGT Galicia manifesta o seguinte:

-O ET no artigo 39 di: 

1.La movilidad funcional en la empresa se efectuará de acuerdo a las titulaciones académicas o profesionales precisas para ejercer la prestación laboral y con respeto a la dignidad del trabajador.

3. El trabajador tendrá derecho a la retribución correspondiente a las funciones que efectivamente realice, salvo en los casos de encomienda de funciones inferiores, en los que mantendrá la retribución de origen. 

- O VI Convenio di:

 Artigo 54. Mobilidade funcional interna no grupo/subgrupo.

A mobilidade funcional dentro do grupo/subgrupo non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exercer a prestación laboral. Esta mobilidade non poderá implicar unha redución salarial.

Tanto o ET como o Convenio da Concertada  deixan este tema moi claro; pódese mandar a un profesor que teña as súas horas en secundaria a dar clase en primaria ou en bacharelato; as esixencias son que teña a titulación axeitada e que, en ningún caso, perda ningún tipo de retribución. No caso de que esa mobilidade fose cara a un grupo ou subgrupo con retribucións superiores, o traballador ten dereito a percibilas.

 


Documentos adxuntos a este artigo: É ilegal a baixada salarial por mobilidade funcional.  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia