Actualidad y noticias

15/07/2016
O SECTOR DE ENSINO DE FESP-UGT GALICIA DENUNCIA A ELIMINACIÓN DE MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN QUE XA FORON CURSADAS POLO ALUMNADO

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia denuncia que a falta de planificación por parte da Administración Educativa provocará que materias de libre configuración que xa foron cursadas polo alumnado deban ser agora eliminadas.

 

Pode suceder que uns rapaces estean cursando unha materia que non existe? Pode suceder que os profesores avalíen a eses rapaces dunha materia que non existe? Pode suceder e ambas cousas suceden nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

 

A Consellería de Educación colgou na aplicación informática coa que traballan os docentes o seguinte aviso: “Lémbrase que só deben crearse materias de libre configuración que conten con currículo autorizado pola consellería. En particular, NON debe crearse materia algunha cando o tempo de libre configuración vaia a dedicarse a reforzo e/ou afondamento. Aquelas materias incorrectas presentes no curso 2016/2017 deberán ser eliminadas desde Mantemento>Convocatoria 2016/2017>Ensinanzas>Configuración da oferta>Oferta de optativas desmarcando previamente ao alumnado matriculado nelas.

A materia  "Pendente de definir" debe ser eliminada en todo caso.”

 

Isto quere dicir que houbo centros nos que se estableceron materias de libre configuración, materias novas que pode configurar o propio centro, que non tiñan un currículo debidamente autorizado pola Consellería.

 

Agora a administración educativa esíxelle aos equipos directivos que as materias incorrectas sexan eliminadas, coa conseguinte frustración por parte destes, ao ver como o traballo realizado durante un ano por docentes e alumnos é eliminado administrativamente.

 

 Como se puido chegar a esta situación?

 A administración do Partido Popular empeñouse en implantar a LOMCE, unha lei rexeitada pola comunidade educativa, de forma precipitada, sen explicala aos profesionais que teñen que aplicala, sen aclarar as dificultades que previamente ían xurdir  e sen dar as instrucións precisas, é dicir, sen unha planificación adecuada.

 

Se a isto lle sumamos que a aplicación informática se colapsa con frecuencia nas épocas de avaliación (obviamente todos os docentes teñen que acceder á mesma durante os mesmos días), que moitos centros carecen de persoal administrativo (promesa reiteradamente incumprida), temos como resultado uns equipos directivos e uns docentes  frustrados, enfadados que ven como o seu traballo é desprezado, ignorado ou, simplemente, “eliminado”.

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: ELIMINACION MATERIAS  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia